Formación

Os cursos son convocados pola EGAP na modalidade íntegra de teleformación

No DOG do 07/02/2013 publicase a convocatoria de 2 edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de sección e 4 do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado.

Os cursos van dirixidos para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia pero existe un criterio de preferencia na selección para o persoal que xa ocupa un posto de sección ou negociado respectivamente. Este polémico criterio non impide pero si dificulta o exercicio da promoción profesional do persoal que non se atopa nun posto desas características.

No DOG 30/01/2013 publicase a convocatoria dos cursos de formación continua da EGAP correspondentes ao 1º semestre do ano 2013 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes realizarase vía telemática na área de matrícula da páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 31 de xaneiro ás 8:00h e rematará o 9 de febreiro ás 14:00h.

Podedes consultar o listado de cursos ofertados e as condicións da convocatoria na seguinte ligazón.

No DOG do 31/12/2012 publicouse o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.  Existirán diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.

A novidade este ano vén da man da autoformación. A diferenza, con respecto das actividades formativas en teleformación, é que o proceso de aprendizaxe non estará guiado pola figura do titor. Cómpre destacar que os coñecementos que se adquiran poderán certificarse mediante a superación dunha proba presencial voluntaria.

No DOG do 11/09/2012 publicouse a convocatoria da EGAP das probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase dun total de 600 prazas que se dividen entre as diferentes accións formativas conducintes a obtención do título.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, hoxe 12 de setembro, e rematará o 17 de outubro de 2012 ás 14.00 horas. A matrícula realizarase por medios telemáticos na páxina web da EGAP.

A oferta formativa específica INTERADMINISTRATIVA 2012 (dirixida a traballadores/as da Área Pública) acaba de abrir o seu prazo de preinscricións na plataforma www.forga.org.

Podes consultar a previsión de datas e lugares de execución dos cursos premendo na seguinte ligazón

Para preinscribirte nos cursos presenciais que che interesen da Federación correspondente, preme nas seguintes ligazóns:

O pasado 13 de xuño de 2012, a EGAP publicaba unha resolución na súa páxina web pola que se comunicaba a anulación da maior parte da oferta formativa correspondente ao segundo semestre do presenta ano.

A xustificación esgrimida pola Administración é a desaparición dos fondos de formación os recursos procedentes do Fondo Social Europeo e as achegas públicas do Estado. Porén, esta redución de fondos non foi para todos: para as empresas privadas acrecentaron os fondos de formación.

Na Comisión Xeral de Formación Continua para as Administracións Públicas, reducíronse os fondos nun 53%. Isto conleva un riso adicional, pois o diñeiro, que corresponde as achegas para o fin explícito, a formación , é moi superior a cantidade que finalmente vai a formación dos empregados públicos.

Por medio de escrito presentado o 11 de maio de 2012, a CIG solicitoulle á EGAP a apertura dos contidos das accións formativas de ofimática, para os efectos de favorecer a preparación das probas libres convocadas pola Resolución da EGAP do 24 de abril de 2012 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 02/05/2012).

Atendendo a esta solicitude da CIG, os traballadores seleccionados para as probas libres de ofimática xa poden acceder aos correspondentes contidos a través da plataforma de teleformación da EGAP.  

O 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocou novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan Formativo Ofimático para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A pesar de que a EGAP dispón de cursos de teleformación para todas as accións formativas que se esixen de cara á obtención da certificación de competencias dixitais de Galicia, no marco do Plan Formativo Ofimático de Galicia, na actualidade os contidos correspodentes aos correspondentes cursos só están dispoñibles para as persoas que resultan seleccionadas para realizar os mesmos na modalidade de teleformación. Porén, os contidos da plataforma de teleformación da EGAP non están dispoñibles para os empregados públicos que se presentan ás citadas probas de avaliación de carácter libre.

Na Resolución do 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocan novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, permitie obter certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Nunha xuntanza do 12 de abril a CIG tratou coa dirección da EGAP varias problemáticas: cursos on-line, formación do persoal sanitario da lei 17, cursos específicos das consellarías, reclamacións do persoal de xustiza, formación de linguas e temarios.

Cursos on-line con varias edicións

A CIG comenta a problemática das solicitudes de cursos on-line separadas en varias edicións cando logo se produce a actividade formativa de xeito simultáneo. O problema radica en que a edición que se pida é determinante na selección e o resultado paradoxal é que para dúas persoas con parecidas ou idénticas condicións o factor diferenciador para ser selecionado pode ser a "edición" na que se apunte.