A CIG-Autonómica, respecto ao persoal destes entes, propuxo:

  1. Que o persoal ao servizo deses entes sexa funcionario, estatutario ou persoal laboral da Xunta.
  2. Que só fose persoal propio destes entes aquel que á entrada en vigor da lei teña tal condición.
  3. Que o único centro directivo  con competencia para seleccionar persoal na Xunta sexa a Dirección Xeral de Función Pública (Educación respecto ao persoal docente e o SERGAS respecto ao estatutario).
  4. Que todo o persoal seleccionado teña a condición de persoal funcionario ou persoal laboral da Xunta.
  5. Que a contratación de persoal temporal se faga a través das listas de contratación da Xunta.


Pero o texto aprobado contempla:

  1. Que terán persoal propio. Nada di de que este só sexa o que tiñan estes entes á entrada en vigor da lei.
  2. Quen selecciona o persoal será o centro directivo con competencias en materia de función pública. Non recolle que o persoal seleccionado teña que ser funcionario ou persoal laboral da Xunta. As Axencias irán aínda máis lonxe ao facer os seus propios procesos selectivos cos seus propios criterios.
  3. Que a contratación se fará a través das listas da Xunta pero os entes instrumentais poderán crear o seu propio sistema de listas por categorías. (p.ex. SEAGA).


En definitiva, este texto deixa abertas todas as portas de atrás porque a Administración non renuncia a que os entes instrumentais teñan persoal propio, tanto fixo como temporal. Non quixeron atarse as mans e todo queda en función da interpretación política que se lle de. O único elemento positivo é que dentro do modelo atomizado de Administración vai haber uns leves controis que non existían, pero o texto reafirma e consolida ese modelo.

A partir da súa aprobación a Xunta de Galicia poderá, se hai vontade política, seleccionar só persoal laboral da Xunta para os seus entes instrumentais, pero tamén, se o desexan, contratar a todo o mundo como persoal propio. A aplicación práctica queda en mans deles e a CIG-Autonómica non pode apoiar un texto que deixe todo en mans dunha decisión política deste calado, xa que sería unha irresponsabilidade sindical.

Arquivos relacionados:


Novas relacionadas: