• Na mesma liña, o novo artigo 50 bis outorga ao Consello da Xunta de Galicia a capacidade para rehabilitar a funcionarios corruptos condenados a penas de inhabilitación. Con esta modificación, combinada coa libre designación política das Xefaturas de Servizo, responsables da tramitación dos procedementos administrativos, o Partido Popular transforma unha Administración pública independente e ao servizo da cidadanía nunha Administración ao seu servizo, onde primarán os intereses particulares e de partido.

  • Especialmente grave é a modificación do artigo 2 da Lei 9/1996 de incompatibilidades dos membros da Xunta e altos cargos da Administración, no que se exclúe ao persoal eventual, é dicir, aos membros dos Gabinetes nomeados a dedo polos conselleiros. Agás os xefes de Gabinete, o persoal asesor de confianza dos conselleiros poderán traballar fóra da Administración, a pesar de ter informacións privilexiadas polo posto que ocupan.


  • En conclusión, desde a CIG-Autonómica consideramos que é rotundamente falso que nin estas nin as outras medidas que se van aprobar vaian supoñer aforro orzamentar: coa excusa da crise económica, o que busca esta reforma é configurar unha Administración autonómica á medida do Partido Popular. O PP non quere como xefas e xefes de Servizo a persoal funcionario independente que tramiten, por exemplo, contratacións, axudas ou subvencións a empresas de acordo coa legalidade, senón ou a persoas dispostas dispostas a prevaricar, que no caso de seren condenadas pola Xustiza poderán ser rehabilitados con criterios políticos polo Consello da Xunta.