Lexislación

Recentemente vén de ser producir un cambio na doutrina do Tribunal Supremo, en relación coa figura dos contratos de colaboración social non laborais de persoas desempregadas na Administración.

O cambio doutrinal consiste en que a Administración terá que acreditar documentalmente que os servizos prestados teñen carácter social (até agora isto presumíase no caso das AAPP), non podendo consistir nas tarefas habituais propias da dita Administración. Tamén terá que xustificarse o carácter temporal da contratación non laboral de persoas desempregadas.

Aínda que isto non significa que todas as contratacións non laborais de colaboración social de persoas desempregadas na Administración sexan irregulares, a nova doutrina comporta que todas as contratacións non laborais de persoas desempregadas na Administración que non reúnan estes requisitos poderían convertirse en sentenzas individuais de declaración de relación laboral indefinida non fixa coa Administración contratante.

No caso da Xunta, desde a CIG-Autonómica denunciamos en outubro de 2013 o uso desta figura por parte da C. de Educación, que acolleu persoas desempregadas con contratos non laborais de colaboración social para a tramitación das bolsas de estudo. Ao igual que a Xunta, outras administracións como Canarias ou a Comunidade de Madrid veñen facendo un uso extensivo da contratación non laboral de persoas desempregas para paliar a falla de efectivos debida á taxa de reposición cero.

Esta nova doutrina, por outro lado, pode ter un efecto perverso: dado que os xestores políticos cuxas actuacións causan declaracións xudiciais de relación laboral indefinida non fixa coa Administración non se lles aplica ningún tipo de sanción, podemos atoparnos con que afloren este tipo de contratacións non laborais de desempregados con intencionalidade clientelar, a pesar do seu carácter oneroso para as contas públicas e do evidente prexuízo para o deseño racional da estrutura da Administración.

En razón deste cambio doutrinal do T. Supremo, desde a CIG consideramos que cómpre demandarlle á Administración que se articule un control sindical sobre o uso desta figura da "contratación non laboral" de persoas desempregadas: departamentos nos que traballan "non laboralmente" persoas desempregadas, tarefas que desenvolven, xustificación da temporalidade, etc. Só así se podería evitar que esta figura se acaba convertindo nun coladoiro para fins espurios ao servizo do Goberno de quenda.

Descargar xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre contratación non laboral de persoas desempregadas nas AAPP

Descargar o escrito dirixido pola CIG á Dirección Xeral da Función Pública o 11/03/2014 sobre contratación non laboral de persoas desempregadas

 

O xoves, 1 de agosto, aprobouse na Comisión de Persoal co noso voto en contra este anteproxecto de lei que supón máis fume que vender ao redor do sector público. Na realidade o que se fai é construír macroentes e dar apariencia de que se vai controlar a contratación administrativa, cando a diario vemos contratas e máis contratas con empresas privadas para facer o traballo propio de traballadoras e traballadores públicos. Recortamos no público e privatizamos os servizos; todo baixo palabras amables e "boas intencións".

Non aceptan ningunha das nosas alegacións excepto un parágrafo marxinal onde pretenden que con iso quede garantida a independencia funcional do director do novo Instituto do Instituto Galego de Estatística e Información Financeira. Dende a CIG pensamos que iso non é suficiente e que nos propios xenes desta nova axencia con competencias en materia estatística e á vez tributaria, contable, orzamentaria económico-financeira, está o problema, xa que vai ser case imposible manter esa independencia na práctica.

A CIG vén de dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública para demandar que cumpra coa normativa vixente en materia de comisións de servizos, respectando a preferencia do persoal do mesmo centro.

Neste sentido, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, na sentenza sentenza 73/2013 (P.A. 295/2012), estimou a demanda presentada a través dos servizos xurídicos da CIG contra a Consellería de Facenda por un funcionario da Consellería de Traballo e Benestar en relación á cobertura en comisión de servizo do posto de director da Oficina de Emprego das Pontes (Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña).

Esta demanda prosperou en base á ausencia de xustificación dos motivos para incumprir o criterio da preferencia do persoal do mesmo centro para a cobertura de comisións de servizo, recollida na normativa vixente (Resolución de 21 de novembro de 2008 pola que se modifica a Resolución de 27 de marzo de 2006, pola que se ditan instrucións sobre a cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos).

A obriga de motivar os criterios de adxudicación de comisións de servizo está a ser vulnerada de xeito xeneralizado por parte da Administración, limitándose esa Dirección Xeral a aprobar as propostas das Consellerías para a cobertura de comisións de servizo, omitindo a preferencia do persoal do mesmo centro e facendo un uso espurio da comisión de servizos, que se está a empregar para adxudicar postos por afinidades persoais ou políticas, salvando os criterios de obxectividade que se aplican nos concursos de traslados e, na práctica, asimilando os criterios para a adxudicación de comisións de servizo aos da libre designación.

Por outro lado, esa Dirección Xeral está a actuar en contra dos dereitos e intereses lexítimos do persoal da Administración da Xunta, sabedora de que os procesos xudiciais implican un custo que en moitos casos as persoas afectadas non poden asumir, traducíndose isto na impunidade ante os abusos e ilegalidades que se están a producir.

Descargar o escrito dirixido á Dir. Xeral. de Función Pública o 12/07/2013

Este proxecto de Lei constrúese sobre 4 patas: a substitución de empregadas e empregados públicos por empresas privadas, a cobertura legal para prácticas irregulares de contratación, a xustificación de creación de macroentes e o control de si mesma por parte da Administración.

En abril a Xunta presentaba públicamente o seu anteproxecto de Lei de racionalización do sector público. Desde o primeiro momento a CIG interesouse polo documento e, dado que o contido afecta a cuestións de persoal, solicitou que se abrira unha mesa de negociación para tratar estes aspectos. Con data do 11 de xullo, Función Pública vén de remitirnos o último borrador para que presentemos alegacións ás cuestións de persoal contidas especialmente no titulo IV e as disposicións. Dannos de prazo ata o 17 de xullo. Agardamos que Función Pública non pretenda substanciar este trámite recollendo un escrito de alegacións sen facer maior caso.

Anunciada o xoves despois do Consello da Xunta, o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público autonómico, é o complemento necesario da lei de Orzamentos Xerais para levar a cabo unha política de privatización dos servizos públicos.

SUBSTITUÍR EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS POR EMPRESAS PRIVADAS

Coa lei de Orzamentos a Xunta non só se limita a si mesma a posibilidade de poder ter máis persoal (non vai haber Oferta de Emprego Público, nin se vai poder contratar persoal a través das listas de contratación), senón que ademais se automutila ao impoñer que todas as prazas vacantes van ser amortizadas (amortizando tamén aquelas nas que hai persoal temporal ou interino) e que vai supoñer a redución da Administración Autonómica en máis de 1300 efectivos.

Derivado desta política a Xunta vai deixar moitos servizos ao mínimo e moitos non os vai poder prestar cos seus propios recursos.

Tal e como adiantamos no resumo da última Comisión de Persoal, o director xeral de Función Pública transmitiunos a intención de iniciar co novo ano unha serie de modificacións e propostas de normativa que afecta ao persoal. Entre estas propostas, a primeira que nos achega é a da modificación do Decreto 93/91 de provisión de postos no relativo á redución drástica dos prazos de toma de posesión.

A actual proposta supón un novo recorte nos nosos dereitos ao reducir o tempo para a toma de posesión tralos concursos de 1 mes a 5 días hábiles, no caso de cambio de localidade; tamén se ve afectado o tempo no caso de que non haxa cambio de localidade de 3 a 2 días hábiles. Por librar, non se libran nin o prazo de reingreso ao serivzo activo que pasa de 1 mes a 20 días hábiles. Por outra banda, redefínese o concepto de cambio de localidade como aquel que ocasione un cambio de residencia.

Consonte á Constitución de 1978, o control de constitucionalidade das leis correspóndelle ao Tribunal Constitucional, órgano de composición e función mixta político-xudicial.

Malia que, tendo en conta as decisións e motivacións efectivas deste Tribunal, a resposta máis probable será a de declarar a “inconstitucionalidade notoriamente infundada” dos recursos ou cuestións de constitucionalidade que se interpoñan contra o Real Decreto-Lei 20/2012, non faltan fundamentos para cuestionar a adecuación desta norma ao ordenamento xurídico emanado da Constitución de 1978 que continúa sendo, en teoría -non así na praxe- plenamente vigorante. Entre outros:

1.- Violación do art.31 CE que impón que o sostemento das cargas públicas por parte da cidadanía sexa por vía tributaria.

O día 3 de marzo entrou en vigor a lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dado que o seu ámbito de aplicación é todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma e por tanto o persoal laboral, e que altera o contido do convenio colectivo en vigor,  a CIG e UGT veñen de soliticar conxuntamente que se reuna con urxencia a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia

Descargar o escrito conxunto presentado pola CIG e UGT o 12/03/2012

No BOE de 27/10/2011 publícase o Real decreto 1493/2011, de 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da seguridade social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei estatal 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da seguridade social.

Por virtude desta disposición, as persoas que desenvolvesen prácticas como bolseiros poderán cotizar retroactivamente por un período de até dous anos, até o 31 de decembro de 2012.

Descargar o texto completo do RD 1493/2011


A CIG-Autonómica presentou onte, en rolda de prensa, as alegacións ao borrador da lei de Montes de Galicia. Lei na que, con respecto a administración autonómica, destaca a desleixo de funcións e responsabilidades da Xunta de Galicia co monte Galego e a "inexistencia" e menosprezo calculado dos traballadores e traballadoras da Xunta e do sector forestal nesta norma (na lei marco estatal si os contempla).

Descargar alegacións