Lexislación

A Administración achega o borrador do Decreto polo que se regulamenta o réxime de persoal das entidades instrumentais, se consolida a existencia de persoal propio nas mesmas e, en caso de extinción, este persoal adquirirá condición de persoal laboral fixo da Xunta.

Facendo memoria todos lembramos que hai un ano a CIG se opuxo radicalmente á LOFAXGA, lei que consolidaba a práctica dos entes de contratar persoal proprio, persoal seleccionado moitas veces por criterios de amiguismo, ou, ao contrario, por saír máis “barato” que ter persoal funcionario ou persoal laboral da Xunta.

Este sistema de ter persoal proprio fóra do convenio colectivo da Xunta e ter listas de contratación propias é un “chollo” ao que a Administración non quería renunciar, e por suposto non renunciou ao ter o apoio de tres organizacións sindicais.

Na prensa subvencionada se fala continuamente de que o Goberno da Xunta vai acabar cos chiringuitos, cando a realidade o único que se vai facer é darlles cobertura legal (LOFAXGA), podendo integralos na propia Xunta ou ben noutros entes diferentes, coa facilidade de contratar a quen queiran e ter a posibilidade de substraerse do control na súa actividade.

Baixo este panorama, xunto co xa habitual de constante externalización de servizos públicos, resulta necesario que estatutariamente se contemple a existencia dun órgano colexiado de control onde este representada a parte social e que teña como atribucións o estudo, asesoramento, información, control e seguimento en materia de contratos celebrados ao abeiro da  Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.

Achéganos a Administración, non sen tempo, o borrador do decreto de funcións de persoal veterinario. Pódense presentar alegacións deica o día 3 de agosto. A CIG-Autonómica xa se posicionou durante todas as xuntanzas de negociación das RPTs e concurso de traslados deste colectivo en que primeiro lugar habería que sentarse a negociar este decreto.

Descarga o borrador do decreto

A CIG-Autonómica vén de presentar as súas alegacións á documentación achegada pola Administración do novo Decreto de servizos de persoal veterinario e as súas funcións. Nestas alegacións reiterase á Administración a cumprir o Acordo para a ordenación e mellora da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2008, xa que ao igual que coas reformas das RPTs, este borrador non pasou pola comisión de seguimento.

Descarga as alegacións*

* Documentos dispoñibles en descarga só para afiliados.

A CIG-Autonómica presentou o 24 de xuño alegacións ao borrador do proxecto de decreto de organización e funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais da CA de Galicia.

Descargar alegacións

Está en elaboración o anteproxecto da nova Lei de Montes por parte da Consellaría de Medio Rural. Actualmente está aberto o prazo de  información pública, por un prazo de 20 días hábiles, polo que se poden presentar alegacións e suxestións a través da propia páxina web ou por escrito dirixido á Dirección Xeral de Montes.

O borrador pódese consultar na páxina web de Medio Rural.



De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, achéganos a Administración o borrador do proxecto de decreto de organización e funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais da CA de Galicia. Co obxecto de realizar as alegacións ou suxestións que estimemos oportunas dannos de prazo ata o 24 de xuño. Como sempre pomos á vosa disposición o noso correo para que nos acheguedes as vosas consideracións: autonomica@cigadmon.gal

Descargar proxecto de decreto

Na Mesa Xeral do 12/06/2009 o director xeral de Función Pública comprometéuse a ampliar o prazo para a integración das persoas da escala de axentes forestais na escala de axentes facultativos medioambientais. Posteriormente e coa modificación reaccionaria da LFPG, emprega este tema, que xa estaba comprometido, para dar imaxe de “negociador” con UGT e CSIF.

Con tanta modificación de calado sobre a Lei de Función Pública de Galicia, a bastantes persoas, quitando ás propias interesadas, lles pasaría desapercibida como se engadiu no texto final aprobado na Comisión de Persoal do 18/10/2010 un artigo que se titula: “Escala de axentes facultativos medioambientais”. A que vén está mofidicación posterior? É unha das poucas cousas boas que se engadiron? Sí pero non.

Dende a Dirección Xeral de Función Pública achégannos a proposta de modificación do Decreto 144/2001, que regula as indemnizacións por razón de servizo para o persoal da Xunta de Galicia. Esta modificación afecta fundamentalmente á indemnizacións das persoas que forman parte dos tribunais de oposición e outros órganos de selección. Haberá unha reunión para discutir a proposta o vindeiro mércoles, 3 de novembro, na Subdirección Xeral de Provisión de Postos de Traballo e Selección de persoal. Podedes facernos as vosas suxestión a través, entre outras vías, dos nosos foros.

Descargar proposta de modificación do Decreto 144/2001

Xa está, xa nos meteron o dedo ben metido no ollo, xa temos mobilidade, xa retornamos ao LD-dismo de Fraga. E algúns fican contentos.

UGT e CSIF apoiaron a Función Pública na súa reforma, contando o conto de que con elo suavizaron a mobilidade forzosa e meteron algunha mellora no texto mentres que CIG e CCOO non quixemos negociar.

Toda unha trapallada que comezou fai tan so unha semana cando tentaron forzar unha modificación da lei sen tempo de reacción, cun festivo por medio, utilizando a Lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta. Nesa ocasión atopáronse con que os catro sindicatos plantamos aos responsábeis políticos e a prensa se fixo eco das nosas demandas. Pero a unidade e o plante non foi posíbel repetilo porque UGT e CSIF agacharon as orellas para que en troques de dez paus, so recibamos nove.