Lexislación

Ante as declaracións na prensa dos responsables da Dirección Xeral da Función Pública, xustificando as reformas previstas na Lei da función pública na reorganización dos "chiringuitos" ou entes paralelos á Administración autonómica, desde a CIG-Autonómica manifestamos o seguinte:

  1. É falso que as novas formas de mobilidade forzosa para persoal funcionario estean deseñadas para facilitar a reorganización dos entes paralelos á Administración ou "chiringuitos". De ser certo ese argumento, a nova mobilidade forzosa tería a forma de disposición transitoria na lei, explicitando que só para ser aplicada aos casos moi minoritarios de funcionarios destinados en tales entes. A realidade é que se inclúe un novo artigo 30 bis na LFPG, con eficacia xeral, e que poderá ser utilizado arbitrariamente pola Xunta con criterios de afinidade política e/ou persoal para castigar ou premiar con traslados aos funcionarios de carreira.

A posibilidade de mandar en calquera momento a calquera recuncho do país ao persoal funcionario e a elección a dedo das xefaturas de servizo, son as medidas “estrela” da Xunta de Galicia para loitar contra a crise dende a Función Pública Galega.

O luns 11 de outubro de 2010, a Dirección Xeral da Función Pública achegaba ás organizacións sindicais unha proposta de modificación da Lei da función pública, que se tratará durante só unha hora nunha xuntanza o mércores día 13, xunto coas RPT de dúas consellarías. Sen tempo material para a exposición pública, para o debate democrático do documento e cunha inaceptable falta de consideración ao conxunto das empregadas e empregados públicos galegos, a Administración galega pretende aprobar unha reforma reaccionaria da Lei de Función Pública pola porta de atrás. Está previsto aprobar estas moidificacións a través da Lei de acompañamento da Lei de orzamentos de 2011, entrando deste modo en vigor o 1 de xaneiro.

Entre a batería de modificacións propostas, destacan dúas en particular polo seu carácter reaccionario e polo inmenso prexuízo que supoñen para a ordenación da Función Pública Galega:

  • Mobilidade forzosa “á carta” do persoal da Administración
  • As Xefaturas de Servizo serán de libre designación

O 04/08/2010 a Comisión de Persoal aprobou o anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galiza (LOFAXGA) co voto en contra da CIG-Autonómica.

A CIG-Autonómica entende que existen dous modelos diferentes de Administración Pública:

  • Un, defendido por nós, consistente en que todo o persoal, independentemente de se presta servizos na Administración Xeral ou en calquera tipo de ente, sexa seleccionado por Función Pública tendo a condición de persoal funcionario ou persoal laboral da Xunta.
  • E outro, o aprobado este mércores, consistente nunha Administración rodeada de entes instrumentais, principalmente Axencias,  que poden ter persoal propio.

Se hai preto dun mes tivemos que soportar o envite do recorte salarial, agora tócanos a LOFAXGA. A LOFAXGA é o acrónimo da futura Lei de organización e funcionamento da administración xeral e o sector público autonómico de Galicia. Unha lei que de momento se atopa en fase de anteproxecto, que se  nos achegou aos sindicatos, e á que a CIG-Autonómica presentou importantes alegacións en defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral e dos servizos públicos.

Esta nova lei non elimina a enorme cantidade de entes públicos instrumentais, senón que os potencia, convertíndoos na tónica xeral da administración. Á parte do desmantelamento evidente da Administración autonómica, a LOFAXGA terá as seguintes consecuencias para o persoal funcionario e laboral da Xunta:

Modificacións que propón nesta lei na primeira Mesa Xeral con este goberno:

  • Carreira Profesional: NON
  • 1% da masa salarial no Fondo de Acción Social: NON
  • Cláusula de revisión salarial: NON
  • Reclasificación dos níveis mínimos: NON
  • Acceso do C1 ao A1 direto: NON
  • Reservar aprobado en vindeiras convocatorias: NON
  • Eliminación do grupo E: NON
  • Trienios iguais ao grupo A1 para todo o persoal da Xunta de Galiza: NON
O que lle importa ao Partido Popular e ao “Sr.” Núñez Feijoó é aprobar unha nova lei da Función Pública cun só artigo: