Requisitos:

  1. Solicitudes: Presentar instancia conforme modelo do anexo III
  2. Prazo: o 14 de abril ao 15 de xullo
  3. Ámbitos: Deberán especificarse na instancia ata un máximo de 3 segundo os códigos do anexo IV
  4. Taxas: 16,98€ a pagar en oficina bancaria ou a través de internet

Publicación das listas:

Tanto a elaboración das listas para as que se abre o prazo de presentación de novas solicitudes coma a adaptación ao Decreto 37/2006, do 2 de marzo, serán publicadas entre o 1 de setembro e o 31 de decembro deste ano, segundo o establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.As listas correspondentes ás categorías que foron elaboradas de acordo co Decreto 89/1997, do 10 de abril, continuarán en vigor ata a publicación das novas listas definitivas resultantes desta convocatoria.