Os aspirantes realizarán as probas na provincia do enderezo indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o seu enderezo fóra de Galicia poderán realizar as probas en calqueira das provincias en que pretendan traballar.

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercizo no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

As datas son as seguintes:

Data
Letra Apelido
23 de Abril
A - B - C - D
24 de Abril
E - F - G - H - I
25 de Abril
J - K - L - M - N - Ñ
26 de Abril
O - P - Q - R
27 de Abril
S - T - V - W - X - Y - Z






Está pendente de confirmar a hora de comenzo das probas físicas e de agudeza visual así como da publicación no Diario Oficial de Galiza (DOG) da resolución pola que se anuncie as referidas probas.