No DOG do xoves 21 de febreiro, públicase a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2012 das listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. As listas pódense consultar no Rexistro Xeral, nas oficinas de rexistro dos edificios administrativos, nas oficinas comarcais e na páxina web da Xunta de Galiza.

O prazo para as posibles reclamacións é de 10 días hábiles a partires de mañá. Deberán presentarse ante a Comisión Permanente Central e axustarse ao modelo que figura no anexo IV da resolución. Xunto coa reclamación cómpre achegar as certificacións de servizos prestados que correspondan.