O vindeiro xoves 20 de xuño publicarase no DOG a resolución de apertura de listas de diversas especialidades de profesores numerarios e mestres de taller, e a apertura de listas de médicos, por esgotarse os/as integrantes das mesmas.

Por outra banda, respecto da negociación da posible modificación do Decreto 37/2006, que dende a CIG levamos pedindo moito tempo, Función Pública informou na última reunión da Comisión Central de listas de contratación que o borrador que nos van achegar foi remitido á Asesoría Xurídica e que parece que xa hai informe, polo que se comprometen a convocarnos en canto teñan dito informe e estuden a viabilidade do mesmo.

Aínda que aínda non sabemos qué modificacións van propoñer dende a administración, sí que nos informaron de que a liña a seguir é facilitar que todos os pasos do procedemento se poidan facer dende a plataforma web.