No DOG do xoves 27 de febreiro, publícase a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. As ditas listas encóntranse á disposición dos interesados/as no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galiza, nas oficinas comarcais da Xunta de Galiza e na páxina web da Xunta de Galiza (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

O prazo para as posibles reclamacións é de 10 días hábiles contados a partires de mañá. Deberán presentarse ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela). Xunto coa reclamación cómpre achegar as certificacións de servizos prestados que correspondan.