No DOG de hoxe, 26 de marzo, sae publicada a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia.

Asimesmo, en Últimas novas, pódese consultar a relación de solicitantes que reúnen os requisitos para as especialidades de Patróns, Mecánicos e Vixiantes-Mariñeiros.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).