O mércores 25 houbo reunión da Comisión de Listas. Informámoste do seguinte:

1. O día 26 de febreiro, xoves, publícase a actualización de méritos. Haberá 10 días para reclamar, a contar dende a publicación.

2. O venres, día 27, publicarán a apertura de listas e relación de listas abertas e pechadas.

Vanse abrir nove listas novas.
 
Ademáis das que obriga a lei por existir un proceso selectivo (estatística A1, arquivos A2 e delineantes ), ábrense as de finanzas e técnicas de minas en funcionarios/as, e as categorías 6 e 11 do grupo III e 6 e 7 do grupo IV en persoal laboral.

Péchanse as de profesor/a numerario/a, mestre de taller, enxeñeiro/a de camiños, canais e portos e a escala de axentes de gardacostas, debido ao volume de persoas tras un período especial de apertura.

As novas inclusións poderanse facer, coma sempre, ata o 15 de xullo.