No DOG do xoves 2 de xullo de 2015 publícase a Resolución do 25 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

Deste xeito, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais (código 207H). O prazo para a presentación de instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2015

Péchase o prazo para incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes ao extinto corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de inscrición na lista do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais, aos aspirantes que presentaron este ano a solicitude e aboaron as taxas correspondentes se realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado este ano por aqueles aspirantes que non fixeron constar eses datos será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta, ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada ata o 1 de decembro de 2015.

Con carácter transitorio, en canto non estean operativas as listas do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, para a cobertura dos postos de traballo deste corpo acudirase ás listas do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.

Podedes consultar a resolución nesta ligazón