Achéganos a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS un borrador da que pretenden sexa a nova normativa que regulará a cobertura temporal de postos de persoal funcionario das escalas sanitarias ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza (escala de saúde pública e escala de administración sanitaria, creadas pola Lei 17/1989).

O texto pretende crear unha única lista para determinados "colectivos profesionais", sen distinguir as diferentes subescalas:

  • Inspector/a médico/a
  • Inspector/a farmacéutico/a
  • Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública
  • Licenciado/a sanitario/a: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas, licenciado en psicoloxía.
  • Subinspector/a sanitario/a
  • ATS/DUE

Temos de prazo ata o 18 de marzo para presentar alegacións: podes escribirnos a autonomica@cigadmon.gal

A CIG-Autonómica critica o proceder da Consellería de Sanidade e do SERGAS, que levan anos cunha regulación inadecuado para cobertura temporal destes postos. Tiñamos, como exemplo do absurdo, que para a cobertura dun posto de inspector/a médico/a, puntuaba máis o tempo traballado como médico/a de familia que o tempo traballado no propio posto de inspector/a médico. Criticamos tamén a incorrecta negociación, pois falamos dun persoal funcionario que, como os/as enxeñeiros, veterinarios, delineantes .. son eles tamén funcionarios e funcionarias de Administración Especial, que nos puideron escoller como seus representantes nas eleicións sindicais, e agora Sanidade atrévese a negociar no ámbito da Mesa Sectorial de negociación de persoal estatutario, e non na Mesa Sectorial de persoal funcionario de administración.