Aínda así, quedaron moitas propostas da CIG para unha negociación posterior que agardamos sexa no menor tempo posible. Outras propostas nosas como a voluntariedade de ser chamado/a para as brigadas helitransportadas do SPDCIF ou a posibilidade de que nos permisos de maternidade non se perda a opción de mellora, aínda que non foron recollidas no texto do decreto hai un compromiso por parte da Administración de que se podan desenvolver e acordar no ámbito da Comisión Central de listas de contratación. Tamén, a petición da CIG, os acordos de dita Comisión serán publicados na web de Función Pública.

NOVAS DO DECRETO 124/2016 EN COMPARACIÓN CO DECRETO 37/2006:

1. Suprímense as comisións permanentes provinciais (xa non estaban operativas)

2. Permite a renuncia sen penalización a un posto:

  • Cando a discapacidade impide ou limita substancialmente o desempeño das funcións do posto.
  • Cando o posto ten xornada igual ou inferior a metade da xornada ordinaria unha vez transcurridos 6 meses dende a data de inicio do contrato.
  • Cando o posto é fixo-discontinuo e ten un periodo de actividade igual ou inferior a 6 meses

Nos dous últimos caso será preciso presentar un aviso previo de renuncia con 20 días naturais de antelación a data da renuncia

3. A modificación de ámbitos e datos persoais (excepto o teléfono) debe facerse sempre telemáticamente

4. A suspensión de chamamentos debe facerse telemáticamente e terá efecto ao día seguinte da súa presentación

5. Será necesario pedir a reincorporación para volver as listas despois de haber pedido unha suspensión. Esta petición terá efecto aos 30 días

6. As persoas penalizadas que desexen volver as listas poderán solicitar telemáticamente a reincorporación. A solicitude terá efecto:

  • transcurrido 1 ano da data de penalización si se fai durante o periodo de penalización;
  • ao día seguinte da presentación si se fai unha vez rematada a penalización.

7.Será obrigatorio para poder presentar solicitudes a comunicación dun teléfono móbil