No DOG do 28 de febreiro de 2017 publicouse a resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tamén se publica esta outra resolución na que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoa laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades das listas de contratación do decreto 37/2006.

Podes consultar a puntuación nesta ligazón.