As datas de realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas de contratación ao abeiro do Decreto de Listas 37/2006 e pertencentes ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, virá determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte:

Día 18 de Abril de 2017    A – B – C –D – E – F – G – H – I – J – K
Día 19 de Abril de 2017    L – M – N – Ñ – O – P – Q – R – S – T – U – V – W – X – Y – Z

Os lugares para a realización das probas serán os seguintes:

A Coruña:
Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n. A Coruña.

Lugo:
Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense, s/n. Lugo.

Ourense:
Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas, s/n. Ourense.

Pontevedra:
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Avda Fernández Ladreda, 43. Pontevedra.

Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calqueira das provincias nas cales pretenda traballar.

Os aspirantes deberán acudir á proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, no que se faga constar que “non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico”.
Dito certificado deberá tér unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.