No DOG do 30/05/2017 fanse públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos III-014 xefe/a de cociña e V-001 Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

No mesmo DOG do 30/05/2017 tamén se publica a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2016. As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal