As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:
• A documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
• Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.
• Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios .

A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos..

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.