Informan de Función Pública que está previsto que se publique no DOG do día 12/06/2018 a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2017 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Así mesmo, está previsto tamén que no DOG do mesmo día se publiquen as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías (IV-033 e V-014) correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.