As probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral do Spdcif e Pladiga, iniciaranse ás 8.30 horas do 2 de xullo de2018 nas capitais das catro provincias galegas, nos seguintes lugares:

  • A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n, A Coruña.
  • Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense, s/n, Lugo.
  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas, s/n, Ourense.
  • Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia: rúa María Victoria Moreno, núm. 43, Pontevedra.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra apelido:

  • 2 de xullo de 2018: A-B-C
  • 3 de xullo de 2018: D-E-F-G-H-I
  • 4 de xullo de 2018: J-K-L-M-N-Ñ-O-P
  • 5 de xullo de 2018: Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural

A partir do día do inicio das probas, expoñerase nos lugares de realización das probas, así como nos distritos forestais de cada provincia, a relación de aspirantes con indicación da data de realización correspondente. Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes convocados. Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba.