O día 10 publicouse no DOG o DECRETO 60/2019, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Entre as modificacións con respecto ao antigo decreto atópanse as seguintes:

  1. O baremo de puntuación.
  2. A posibilidade de ampliar os ámbitos até 8.
  3. A aplicación da comunicación electrónica, tanto para facer as solicitudes de inclusión nas listaxes reducindo o prazo para anotarse e tamén para os chamamentos que serán por medio de notificación electrónica.
  4. Recóllese a posibilidade da elaboración dunha listaxe única coas de laborais e funcionarios cando remate o proceso de funcionarización, ou antes de ser preciso.
  5. E obriga de ter un teléfono mobil para poder ser seleccionado para un posto de traballo.

Tamén no mesmo DOG publícase a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2018 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As puntuacións poden consultarse no apartado de listas de contratación do portal web da Dirección Xeral de Función Pública:

As listaxes actualizadas entraron en vigor desde o día 11 de xuño de 2019.

RECURSOS: As persoas disconformes poden interpór recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o 11 de xuño. Unha relación das listaxes figura na disposición do DOG.