Listas substitucións

Na reunión da Comisión de Listas de Contratación de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal do 29 de xuño de 2010 aprobouse o acordo relativo á modificación de ámbitos. O obxecto do acordo é que non sexan penalizadas aquelas persoas que solicitaron cambio de ámbito e tiveron chamamentos polo anterior.

Outra novidade que foi incorporada é que poderán renunciar ao posto sen seren penalizadas aquelas persoas que teñan un posto de traballo nun ámbito distinto ao solicitado: neste caso hai que ter en conta que pasarán ás listas do ámbito elexido e non terán dereito ao cobro de desemprego xa que non se considera finalización de contrato. Este caso está pensado para moitas persoas que teñen un traballo inferior á xornada laboral e non lles compensa, pero o mantiñan para non seren penalizadas.

O acordo, cuxo texto completo podedes descargar máis abaixo, será publicado na páxina web de Función Pública o luns día 5 de xullo, xunto coa lista definitiva de cambio de ámbitos. As solicitudes de reincorporación á lista das persoas penalizadas deberán dirixirse á Comisión de Listas.

Por outra banda, no DOG de hoxe 30 de xuño se anuncia que a partir de hoxe está dispoñible na páxina http://funcionpublica.xunta.es a actualización de méritos das listas.