O acordo, cuxo texto completo podedes descargar máis abaixo, será publicado na páxina web de Función Pública o luns día 5 de xullo, xunto coa lista definitiva de cambio de ámbitos. As solicitudes de reincorporación á lista das persoas penalizadas deberán dirixirse á Comisión de Listas.

Por outra banda, no DOG de hoxe 30 de xuño se anuncia que a partir de hoxe está dispoñible na páxina http://funcionpublica.xunta.es a actualización de méritos das listas.

Descargar o texto íntegro do acordo da comisión de listas.