No DOG do 28/01/2011, e segundo se nos informaba na última xuntanza da comisión, publicase a resolución das listas definitivas de substitución ao abeiro do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. As listas ás que afecta son: para persoal funcionario as correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, e para persoal laboral os grupos e categorías que se inclúen no anexo II

A súa consulta pode facerse no seguinte enderezo web e indican: os solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación e os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión. As que non especificaron debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías e deberán dirixirse a Función Pública.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para solicitar presentar recurso de alzada. Tamén poden solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición