Desde principios de mes está dispoñible no web de Función Pública qué listas están abertas e cales pechadas. A administración dí que manterá abertas todas as listas nas que exista un número de persoas suficiente para atender os chamamentos.

CONTRATACIÓN ORIENTADORES LABORAIS

A CIG fixo a pregunta de cómo van contratar a este persoal e a administración respostou que polo momento non chegou ningunha petición da Consellaría sde Traballo solicitando chamamentos para as listas. Polo tanto, non teñen nin idea do que ten pensado facer a Consellaría. Iso sí, deixaron claro despois dun pequeno debate entre administración e as centrais sindicais que, en caso de que a consellaría  o solicitase, respectarían o acordo que había anteriormente coas centrais sindicais.

PUBLICACIÓN ACORDOS COMISIÓN NA WEB

Consultada a posibilidade de consulta do estado das reclamacións á comisión dende a web, os informáticos dín que é posible facelo pero que teñen moito traballo e que precisan algún tempo. Cando estea implantado o programa nos informarán.

PUNTUACIÓN DOS PROCESOS DE CONSOLIDACIÓN PARA AS LISTAS

A administración dí que o Decreto non permite facer distinción entre un proceso extraordinario e ordinario. E, aínda que recoñecen que é un proceso distinto ao do persoal funcionario xa que só vai haber proceso de consolidación, consideran que a comisión non está capacitada para tomar unha decisión dese tipo. Tamén opinan que hai categorías na consolidación nas que nin siquiera hai listas abertas e que en moitas nunca houbo un proceso polo que sería unha oportunidade para a xente de coller puntos para as listas de contratación.

Dende a CIG solicítase que se recolla na acta, xa que esta comisión non ten competencia, a posibilidade de dar traslado a quen teña competencias co fin de estudar se é posible que se inclúa esa distinción no propio decreto de consolidación que aínda está por facer. CCOO e CSIF súmanse a esa proposta e a administración dí que lle dará traslado á comisión que elabore dito decreto.

PEDIMENTOS VARIOS


Chega unha solicitude dunha persoa que pide a modificación dos ámbitos do grupo C2 (abrir a concellos). A administración informa de que non está previsto facelo.


O INTECMAR pide autorización para utilizar as listas de contratación da Xunta. Piden un biólogo (laboral). Autorízase chamar das listas de funcionarios ao non haber listas de laborais desta categoría, advertindo ao interesado de que o chamamento é voluntario e, polo tanto, non contan os servizos prestados. Tampouco penaliza a quen rexeite o chamamento.


SUXESTIÓNS E PREGUNTAS


A CIG presenta unha queixa en referencia aos certificados médicos que hai que presentar cada vez que unha persoa é contratada polas listas. Coméntase a dificultade de conseguilos (os médicos non están obrigados a facelos, é voluntario), e na maioría dos casos hai que pagar para que cho faga. Hai moitas persoas que teñen varios contratos curtos no ano co cal supón un desenvolso de cartos ademais da dificultade de atopar quen o queira facer. Pregúntase se habería a posibilidade de que eses certificados tiveran unha validez de tempo pero a administración dí que iso é imposible. A presentación dunha certificación médica é requisito legal imprescindible aínda que sí falan da posibilidade de poder presentar uns certificados que emite gratuitamente a seguridade social. Comprométense a informarse sobre esa posibilidade e comentalo na seguinte reunión.