Chamamentos polo INEM
Informase que dado que nas listas III-104 da provincia da Coruña non hai ninguén inscrito e dado que había necesidade de cubrir prazas fixose un chamamento xenérico ao INEM que deu como resultado unha lista de aprox. 30 persoas seleccionadas. Agora precisase cubrir 2 prazas (IES Paseo das Pontes e IES Someso) polo que a Consellería pide autorización á Comisión para usar esa lista. Decidese CONCEDERLLE o dito permiso ata que haxa persoas admitidas na lista provisional.
Comunican asimesmo que a Consellería do Mar pide a cobertura de 2 postos de profesores non numerarios nas categorías de:
- intervención subacuática (licenciatura, enxeñaría ou arquitectura máis técnico de mergullo)
- medicina subacuática e hiperbárica( licenciatura en medicina máis tecnico en mergullo).
Dada a dificultade de atopar candidatos nas listas existentes decidese autorizar un chamamento xenérico ao INEM.
Outros
Tamén informan da cobertura dunha sustitución por maternidade na categoría II-017 a través das listas da Xunta para o INTECMAR.
Decideuse poñer un aviso/recordatorio na páxina de que para saber o estado nos ámbitos dunha lista concreta debe facerse consultando o mesmo na lista desexada e non na páxina inicial.
Fixase a próxima reunión para o 24 de maio.