A CIG manifestouse contraria á creación dunha nova categoría no Servizo Público de Emprego e a un proceso de selección resultante dunha oferta xenérica regulada polo art. 7.5.b).2 do V convenio, solicitando que a contratación sexa co previo chamamento ás listas reguladas polo Decreto 37/2006.  Desde a CIG entendemos que o chamamento debería ser ou da categoría 007 do grupo II , ou do grupo A2 de funcionarios, nos que  hai, respectivamente, 3.055 e  6.384 traballadores que xa participaron en procesos selectivos co que a súa formación está debidamente acreditada.

Con respecto á titulación esixida, desde a CIG considérase a de Educación Social e de Traballo Social non son as que mellor responden ao perfil destes postos de traballo.

Por último, preguntamos as razóns polas que non se dota de ningún promotor a oficina das Pontes  de García Rodríguez (A Coruña), ao que a Secretaría Xeral  respostou que cada Xefatura Territorial se sinalaron as necesidades para cada unha das oficinas de emprego, primando non so os indicadores de desemprego senón tamén os espazos de cada oficina e, no concreto, a das Pontes non ten capacidade mentres non rematen as obras de remodelación.

As demais organizacións sindicais están tamén en contra da creación dunha categoría nova e propoñen o chamamento a través das listas do Grupo II ou do A2, agás CSIF, que manifestou o seu acordo coa creación desta categoría  que se denominaría orientador/promotor.

A Administración sinalou que non haberá máis xuntanzas previas e que levará a súa proposta definitiva ás mesas de negociación.