Convén recordar que con posterioridade a estes procesos selectivos tiñan que ter aberto as listas e, neste caso, non o fixeron. A CIG reclamároo xa na Comisión e respostaran que non se esperaban chamamentos para esas listas polo que supoñía unha falta de expectativasás para ás persoas anotadas que non ía ter posibilidades reais de traballar. O caso é que ao pouco tempo houbo que sustituír unha maternidade e tiveron que chamar das listas xerais, xa que as de urbanismo non estaban abertas, co perxuizo que supuxo iso para as persoas apuntadas que perderon o seu posto no proceso e que, en teoría, tiñan que ser chamadas para esa praza.