A continuación facemos mención a certos aspectos a ter en conta en relación as probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes inscritos nas listas de contratación ao abeiro do decreto 37/2006, do 2 de marzo, nas categorias profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e persoal do Pladiga:

1º. Teñen que facer a proba física ou visual anualmente os seguintes integrantes das listas:

  • Admitidos en xestión (incluídos os que están en suspensión pola proba física ou visual).
  • Admitidos e excluidos do novo período de inclusión (1 de marzo a 15 de xullo do ano anterior).

2º.  Efectos da non superación ou non presentación á proba física ou visual:

  • A primeira vez que non superen ou que non se presenten á proba física ou visual, quedarán en suspenso na lista durante un ano.
  • A segunda vez que isto suceda, quedarán excluídos da lista pola causa 72 ou 73 segundo o caso. Niste caso, para voltar á lista, deberán presentar novamente a instancia co resto da documentación.
  • Coa presentación dunha nova instancia, comenzaría de novo o proceso recollido nos dous puntos anteriores.

3º.  Efectos da suspensión e da exclusión:

  • A suspensión pola non superación ou non presentación á proba física ou visual será polo período dun ano.
  • A exclusión definitiva supón que o interesado deberá presentar unha nova instancia no período corresponte para voltar a estar na lista.
  • No caso de suspensión, chamaráse igualmente para facer a proba física ou visual.