Listas substitucións

Aquelas persoas interesadas en inscribirse nas listas de contratación para a cobertura con carácter temporal ao abeiro do decreto de listas 37/2006, do 2 de marzo, terán que cumprimentar o impreso de taxas cos novos códigos, por mór da nova ubicación da Dirección Xeral da Función Pública na Conselleria de Facenda.

Os novos códigos son os seguintes:

 CONSELLERIA:FACENDA05
 DELEGACIÓN:
SERVIZOS CENTRAIS  
13
 SERVIZO: 
FUNCIÓN PÚBLICA07
 TAXA:

INSCRICIÓN NAS LISTAS PARA COBERTURA CON CARÁCTER TEMPORAL 

300301

O día 17 de xuño celebrouse unha sesión da comisión de listas. Nela tomáronse os seguintes acordos:

  • Remitir ao DOG o listado definitivo das inclusións de novas/os integrantes das listas da apertura extraordinaria do mes de novembro. (Posiblemente se publique no DOG o próximo mércores) Lembrar que se pode pedir xa suspensión de chamamentos.

Para comprobar os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas de contratación de persoal laboral do SPDCIF e do Pladiga, simplemente tendes que pinchar no seguinte enlace, que corresponde coa páxina web da Conselleria do Medio Rural.

http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/probas_persoal_pladiga/

No DOG de hoxe, 13 de abril,  sae publicada a resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas polo Decreto 37/2006, en diferentes categorías de persoal laboral e algún corpo e escala de funcionarios.

A continuación facemos mención a certos aspectos a ter en conta en relación as probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes inscritos nas listas de contratación ao abeiro do decreto 37/2006, do 2 de marzo, nas categorias profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e persoal do Pladiga:

1º. Teñen que facer a proba física ou visual anualmente os seguintes integrantes das listas:

  • Admitidos en xestión (incluídos os que están en suspensión pola proba física ou visual).
  • Admitidos e excluidos do novo período de inclusión (1 de marzo a 15 de xullo do ano anterior).

2º.  Efectos da non superación ou non presentación á proba física ou visual:

  • A primeira vez que non superen ou que non se presenten á proba física ou visual, quedarán en suspenso na lista durante un ano.
  • A segunda vez que isto suceda, quedarán excluídos da lista pola causa 72 ou 73 segundo o caso. Niste caso, para voltar á lista, deberán presentar novamente a instancia co resto da documentación.
  • Coa presentación dunha nova instancia, comenzaría de novo o proceso recollido nos dous puntos anteriores.

3º.  Efectos da suspensión e da exclusión:

  • A suspensión pola non superación ou non presentación á proba física ou visual será polo período dun ano.
  • A exclusión definitiva supón que o interesado deberá presentar unha nova instancia no período corresponte para voltar a estar na lista.
  • No caso de suspensión, chamaráse igualmente para facer a proba física ou visual.

 

O próximo dia 10 de Decembro publicaráse no DOG un prazo extraordinario de apertura das listas de substitución para  dar oportunidade as persoas que superaron algún dos exames dos procesos selectivos da OPE 2005 de inscribirse nas listas.

Consideracións a ter en conta:

1º. Soamente se van abrir as listas das categorías da OPE 2005 que están reguladas polo Decreto 37/2006, excetuándose aquelas que aínda lles falta bastante por rematar o proceso.(Por exemplo IV-009, III-50, III-63....).

2º. A apertura non afecta as categorías reguladas polo Decreto 89/97.

3º. Aínda que o motivo da apertura e o exposto anteriormente unha vez aberta a inscrición nas listas o poderán facer tódalas persoas que reúnan os requisitos da categoría na que queiran inscribirse.(por exemplo as persoas que xa leven un ano penalizadas). Incluso as persoas que non teñan méritos (exames superados no último proceso selectivo ou experiencia na categoría) o poderán facer naquelas categorías que están abertas.