Listas substitucións

Publícase no DOG do 22 de decembro a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro.

As listas de solicitantes admitidos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación de Función Pública.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Nos próximos días vaise abrir un prazo extraordinario de apertura das listas das categorías III-14 (Xefe/a de cociña) e do V-1 (Camareito/a limpador/a) que se esgotaron no verán. A resolución pola que se abre este prazo de inscrición de novas solicitudes nestas dúas listas publicarase no DOG do día 31/10/2016. Dito prazo, por ser excepcional, será máis curto polo que as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo ata o día 8 de novembro.

Por outra banda, nos primeiros dez días de novembro vanse publicar no DOG as listas provisionais de admitidos/excluídos do período ordinario de novas inclusións. A idea da Administración é publicar as listas definitivas no mes de decembro.

 

No DOG do luns 19 de setembro publicouse o novo Decreto 124/2016 que ven modificar o Decreto 37/2006 e que regula o procedemento para a provisión con carácter temporal de postos reservados tanto ao persoal funcionario (agás escalas sanitarias) como ao persoal laboral.

As negociacións tiveron un moi longo percorrido e demasiados atrancos, tendo en conta que era urxente a adaptación do decreto á realidade da administración e que o anterior decreto, aínda que contaba con moitas cousas positivas, estaba xa obsoleto. Na CIG opinamos que aínda que tardou en asinarse é algo positivo que cremos que mellorará considerablemente a xestión das listas de contratación.

A pesares de que a proposta da CIG era bastante máis ambiciosa que o que ao final resume o decreto, valoramos que había determinados puntos que aconsellaban non esperar máis para ser modificados porque estaban a causar moitos problemas, tanto para as persoas apuntadas nas listas como para a propia administración. Cabe destacar puntos como a suspensión de chamamentos automática ou a non penalización tras renuncia despois de seis meses a un posto de xornada igual ou inferior á metade da xornada ordinaria.

A Consellería do Medio Rural, ten previsto realizar chamamentos para a cobertura temporal de postos do SPDCIF das categorías profesionais de Condutor/a de Motobomba, Peón/oa, Vixiante fixo/a e Emisorita.

O número de prazas xunto cos días e horarios dos chamamentos, que se realizarán de xeito simultaneo nas catro provincias, son os que figuran na seguinte táboa:

 

CALENDARIO DE CHAMAMENTOS
COBERTURA POSTOS VACANTES/NON VACANTES DO SPDCIF 2016
PROVINCIA TOTAL
DIA HORA CATEGORÍA A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA  
22 de xullo de 2016 09:30 Condutor/a motobomba SPDCIF 2 2 1 1 6
    Peón/oa-condutor/a (Distrito V-Fisterra) 1        
  10:00 Peón/oa SPDCIF 1 2 1   4
  10:30 Vixilante fixo/a SPDCIF     1   1
  11:00 Emisorista SPDCIF     1 1 2
  4 4 4 2 14

Despois das denuncias públicas da CIG en relación á contratación de persoal a través das listas de substitución do corpo de xestión (subgrupo A2),, deturpando a orde de prelación nas listas ao esixir titulacións concretas, e que foi apoiado polas outras organizacións sindicais, a Dirección Xeral de Función Pública coméntanos que se vai a proceder á contratación, a través das listas do A2 e sen requisitos de titulación específica a 20 persoas para o reforzo das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galiza.

Tamén nos confirman que se vai proceder á prórroga dos contratos das persoas da loita contra o fraude na contratación laboral.

A Consellería do Medio Rural comunícanos que xa se poden consultar os resultados das probas físicas e de agudeza visual celebradas os días 3 e 4 de maio de 2016. Podes atopalos na páxina web da Consellería do Medio Rural (NO APARTADO DE AVISOS, FORESTAL) ou na seguinte ligazón.

Recordamos que os chamamentos faranse a partir do 3 e 17 de xuño, respectivamente, en función de que se traten de prazas non vacantes ou vacantes.

Durante os días 3 e 4 de maio de 2016, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra Apelido
3 de maio de 2016 A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K

4 de maio de 2016

L-M-N-Ñ-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
   

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

-Os aspirantes poderán consultar a partir do 20 de abril o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http:www.mediorural.xunta.gal (no apartado de AVISOS-FORESTAL)

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Achéganos a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS un borrador da que pretenden sexa a nova normativa que regulará a cobertura temporal de postos de persoal funcionario das escalas sanitarias ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza (escala de saúde pública e escala de administración sanitaria, creadas pola Lei 17/1989).

O texto pretende crear unha única lista para determinados "colectivos profesionais", sen distinguir as diferentes subescalas:

  • Inspector/a médico/a
  • Inspector/a farmacéutico/a
  • Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública
  • Licenciado/a sanitario/a: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas, licenciado en psicoloxía.
  • Subinspector/a sanitario/a
  • ATS/DUE

Temos de prazo ata o 18 de marzo para presentar alegacións: podes escribirnos a autonomica@cigadmon.gal

A CIG-Autonómica critica o proceder da Consellería de Sanidade e do SERGAS, que levan anos cunha regulación inadecuado para cobertura temporal destes postos. Tiñamos, como exemplo do absurdo, que para a cobertura dun posto de inspector/a médico/a, puntuaba máis o tempo traballado como médico/a de familia que o tempo traballado no propio posto de inspector/a médico. Criticamos tamén a incorrecta negociación, pois falamos dun persoal funcionario que, como os/as enxeñeiros, veterinarios, delineantes .. son eles tamén funcionarios e funcionarias de Administración Especial, que nos puideron escoller como seus representantes nas eleicións sindicais, e agora Sanidade atrévese a negociar no ámbito da Mesa Sectorial de negociación de persoal estatutario, e non na Mesa Sectorial de persoal funcionario de administración.

No DOG do 26 de febreiro de 2016 publicouse a resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

Tamén se publica esta outra resolución na que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoa laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas das listas de contratación do decreto 37/2006.

Podes consultar a puntuación nesta ligazón

No DOG do 11/12/2015 ven de publicarse a Resolución do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, elaborada en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As listas definitivas poden consultarse na páxina web de Función Pública e entrarán en vigor a partir do 12 de decembro de 2015.