Listas substitucións

Achéganos a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS un borrador da que pretenden sexa a nova normativa que regulará a cobertura temporal de postos de persoal funcionario das escalas sanitarias ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza (escala de saúde pública e escala de administración sanitaria, creadas pola Lei 17/1989).

O texto pretende crear unha única lista para determinados "colectivos profesionais", sen distinguir as diferentes subescalas:

  • Inspector/a médico/a
  • Inspector/a farmacéutico/a
  • Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública
  • Licenciado/a sanitario/a: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas, licenciado en psicoloxía.
  • Subinspector/a sanitario/a
  • ATS/DUE

Temos de prazo ata o 18 de marzo para presentar alegacións: podes escribirnos a autonomica@cigadmon.gal

A CIG-Autonómica critica o proceder da Consellería de Sanidade e do SERGAS, que levan anos cunha regulación inadecuado para cobertura temporal destes postos. Tiñamos, como exemplo do absurdo, que para a cobertura dun posto de inspector/a médico/a, puntuaba máis o tempo traballado como médico/a de familia que o tempo traballado no propio posto de inspector/a médico. Criticamos tamén a incorrecta negociación, pois falamos dun persoal funcionario que, como os/as enxeñeiros, veterinarios, delineantes .. son eles tamén funcionarios e funcionarias de Administración Especial, que nos puideron escoller como seus representantes nas eleicións sindicais, e agora Sanidade atrévese a negociar no ámbito da Mesa Sectorial de negociación de persoal estatutario, e non na Mesa Sectorial de persoal funcionario de administración.

No DOG do 26 de febreiro de 2016 publicouse a resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

Tamén se publica esta outra resolución na que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoa laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas das listas de contratación do decreto 37/2006.

Podes consultar a puntuación nesta ligazón

No DOG do 11/12/2015 ven de publicarse a Resolución do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, elaborada en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As listas definitivas poden consultarse na páxina web de Función Pública e entrarán en vigor a partir do 12 de decembro de 2015.

Achegounos a Dirección Xeral de Función Pública o borrador do proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. 

Temos prazo para presentar alegacións ata o 6 de novembro. Contacta coa CIG en autonomica@cigadmon.gal

No DOG do venres 9 de outubro de 2015 publícanse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no Decreto 37/2006.

As persoas excluídas e as que queiras facer algunha reclamación disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar as reclamacións.

Podedes consultalas nesta ligazón: http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

Función Pública comunicounos que, en breve, mandarán o borrador da modificación do Decreto de listas de contratación e que se procederá a abrir un período de alegacións ao mesmo.
Tamén indicaron que a integración das categorías profesionais dos grupos II, IV e V vai avanzar e que enviarán unha proposta ao longo deste mes de setembro.
Segundo vaiamos tendo a información procederemos a comunicala a través desta web.

A día de hoxe hai pendente un chamamento de 70 técnicos de apoio para as oficinas de emprego que van ser chamados das listas do A2. As tarefas a desenvolver son propias dun posto base do grupo A2, aínda que non son postos da Relación de Postos de Traballo (RPT), senón contratos dun ano.

Respetando a legalidade, o sentido común e a igualdade, os chamamentos deben facerse das listas de substitución da Xunta pola orde exacta que se segue en calquera outro chamamento.

CCOO e UGT asinaron un pacto de "diálogo social" coa Xunta nun momento de recortes no que a cambio de prebendas, como a que imos comentar, eles apoian á Xunta, igual que o fixeron en normas como a LOFAXGA ou o Decreto de Integración.

Agora pasan a factura e pretenden que desas listas do A2 só se chame a xente cunhas determinadas titulacións. Pretenden impoñer requisitos ás listas, unhas listas que son de corpos xerais, non de ningún corpo ou escala que requira titulacións. Todo isto para favorecer a uns poucos afiliados que están nas listas do número 50 para arriba e así adiantar ás persoas que teñen máis puntos que elas.

A CIG, que foi a única asinante deste decreto de listas no 2006 porque, a pesar das eivas defende a igualdade, non vai permitir, poñendo en marcha aos seus servizos xurídicos, que se fagan traxes a medida e que se mofen das persoas que están inscritas nas listas. Ao mesmo tempo se lle están a dar argumentos á Administración para que deseñe chamamentos cos requisitos necesarios para facer chamamentos a persoas concretas en calquer corpo ou escala saltando por riba dos que están por diante nas listas.

Esperemos que Función Pública non ceda a esta chantaxe e faga valer a legalidade vixente.

No DOG do xoves 2 de xullo de 2015 publícase a Resolución do 25 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

Deste xeito, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais (código 207H). O prazo para a presentación de instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2015

Péchase o prazo para incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes ao extinto corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de inscrición na lista do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais, aos aspirantes que presentaron este ano a solicitude e aboaron as taxas correspondentes se realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado este ano por aqueles aspirantes que non fixeron constar eses datos será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta, ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada ata o 1 de decembro de 2015.

Con carácter transitorio, en canto non estean operativas as listas do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, para a cobertura dos postos de traballo deste corpo acudirase ás listas do corpo de auxiliares de carácter técnico, grupo C2, escala de axentes forestais.

Podedes consultar a resolución nesta ligazón

Durante os días 11, 12 e 13 de maio de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra Apelido
11 de maio de 2015 A-B-C-D-E-F

12 de maio de 2015

G-H-I-J-K-L-M-N-Ñ-O
13 de maio de 2015

P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

-Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http:www.medioruralemar.xunta.es.

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Para optar a calquer praza relacionada, deberás presentar por rexistro solicitude normalizada. Prazo: a partires do día 14 de Abril, ata o 21 do mesmo mes.

 

Nº ORDE

DISTRITO FORESTAL

COMARCA

CÓDIGO POSTO

CATEGORIA

OBSERVACIÓNS

1

XVI. Deza – Tabeirós

Tabeirós

MR.C99.50.162.36170.066

Peón SPDCIF

Fixo Discontinuo 9 meses

2

XVII. O Condado – Paradanta

O Condado

MR.C99.50.171.36420.048

Peón SPDCIF

Fixo 12 meses

3

 

O Condado

MR.C99.50.171.36420.049

Peón SPDCIF

Fixo 12 meses

4

XVIII. Vigo – Baixo Miño

Base Porriño

MR.C99.50.180.36380.038

Emisorista SPDCIF

Fixo 12 meses

5

 

Vigo

MR.C99.50.181.36440.049

Peón SPDCIF

Fixo 12 meses

6

 

Vigo

MR.C99.50.181.36440.085

Peón SPDCIF

Fixo Discontinuo 9 meses

7

XVIII. Vigo – Baixo Miño

Baixo Miño

MR.C99.50.182.36530.056

Peón SPDCIF

Fixo 12 meses

8

XVIII. Vigo – Baixo Miño

Baixo Miño

MR.C99.50.182.36530.081

Peón SPDCIF

Fixo Discontinuo 9 meses

9

XVIII. Vigo – Baixo Miño

Baixo Miño

MR.C99.50.182.36530.084

Peón SPDCIF

Fixo Discontinuo 9 meses

10

Xefatura Territorial

 

MR.C99.10.000.36001.236

Operador/codificador de datos

Fixo 12 meses