Listas substitucións

Segundo información de Función Pública,  o vindeiro mércores 26 de marzo publícase no DOG a resolución pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

No DOG do 28 de febreiro de 2014 ven de saír publicada unha Resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que, de conformidade co artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben por que haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/os interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Contra esta resolución, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No DOG do xoves 27 de febreiro, publícase a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. As ditas listas encóntranse á disposición dos interesados/as no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galiza, nas oficinas comarcais da Xunta de Galiza e na páxina web da Xunta de Galiza (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

O prazo para as posibles reclamacións é de 10 días hábiles contados a partires de mañá. Deberán presentarse ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela). Xunto coa reclamación cómpre achegar as certificacións de servizos prestados que correspondan.

 

No DOG do 13/12/2013 ven de publicarse a Resolución do 9 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, elaborada en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As listas definitivas poden consultarse na páxina web de Función Pública e entrarán en vigor a partir do 14 de decembro.

Informan de Función Pública que mañá, martes 12 de novembro, publicarase no DOG a  resolución pola que se fan públicas as  listaxes provisionais  para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
 
O xoves 14 de novembro publicarase a Resolución  do 11 de novembro de 2013 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar novos chamamentos para a cobertura temporal de postos vacantes/non vacantes da categoría profesional de CONDUTOR/A MOTOBOMBA do  Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios Forestais  (SPDCIF), categoría 33,  do grupo IV. Os chamamentor realizaránse o vindeiro día 29 de xullo ás 10:30h sobre o seguinte número de vacantes por provincia:

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar chamamentos para a cobertura temporal de postos vacantes/non vacantes da categoría profesional de CONDUTOR/A MOTOBOMBA do  Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios Forestais  (SPDCIF), categoría 33,  do grupo IV. Os chamamentor realizaránse o vindeiro día 17 XULLO DE 2013 sobre o seguinte número de vacantes por provincia:

O vindeiro xoves 20 de xuño publicarase no DOG a resolución de apertura de listas de diversas especialidades de profesores numerarios e mestres de taller, e a apertura de listas de médicos, por esgotarse os/as integrantes das mesmas.

Por outra banda, respecto da negociación da posible modificación do Decreto 37/2006, que dende a CIG levamos pedindo moito tempo, Función Pública informou na última reunión da Comisión Central de listas de contratación que o borrador que nos van achegar foi remitido á Asesoría Xurídica e que parece que xa hai informe, polo que se comprometen a convocarnos en canto teñan dito informe e estuden a viabilidade do mesmo.

Aínda que aínda non sabemos qué modificacións van propoñer dende a administración, sí que nos informaron de que a liña a seguir é facilitar que todos os pasos do procedemento se poidan facer dende a plataforma web.

No DOG do 29/05/2013, sae publicada a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2012 das listas de contratación da Xunta, reguladas polo Decreto 37/2006. Nos anexos I e II do DOG podes consultar os corpos e escalas de persoal funcionario e os grupos e categorías de persoal laboral que se ven afectadas. As listas entrarán en vigor a partir de mañá.

As listas poden consultarse na páxina web da Función Pública na seguinte ligazón e entrarán en vigor o 30 de maio.

A Consellería do Medio Rural e do Mar comunícanos que os resultados das probas físicas e de agudeza visual, celebradas os días 29 e 30 de abril e o 2 e 3 de maio de 2013, xa están aplicados ás correspondentes listas de contratación. Xa que logo, os integrantes destas poderán consultar o seu estado na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.