Listas substitucións

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa que, ao longo do día 10 de maio de 2013, poderanse consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar os resultados das probas físicas e de agudeza visual celebradas os días 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio de 2013.

Estas probas foron convocadas ao abeiro do disposto no DOG do 17/04/2013, onde saiu publicada a convocatoria para a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

No DOG do 17/04/2013 publícase a convocatoria para a realización das probas físicas e de agudeza visual os integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

As probas iniciaranse ás 8.30 horas do 29 de abril de 2013 nas capitais das catro provincias galegas. Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Os días 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio de 2013, a Consellaría de Medio Rural ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 2e de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006 do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos/as aspirantes e será a seguinte en cada provincia:

No DOG do xoves 21 de febreiro, públicase a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2012 das listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. As listas pódense consultar no Rexistro Xeral, nas oficinas de rexistro dos edificios administrativos, nas oficinas comarcais e na páxina web da Xunta de Galiza.

O prazo para as posibles reclamacións é de 10 días hábiles a partires de mañá. Deberán presentarse ante a Comisión Permanente Central e axustarse ao modelo que figura no anexo IV da resolución. Xunto coa reclamación cómpre achegar as certificacións de servizos prestados que correspondan.

Na última xuntanza da Comisión Permanente Central de Listas de substitución, o pasado venres 18 de xaneiro, unha vez vistas e tratadas as reclamacións particulares, tratáronse os seguintes asuntos:

  • Actualización de méritos
  • Acordo de admitir nas listas pechadas as solicitudes de persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo antes da publicación do acto de elección de destino do persoal de novo ingreso.
  • Modificación do Decreto 37/2006.
  • Guía do Decreto.

Segundo informa a Dirección Xeral de Función Pública, o vindeiro 4 de decembro de 2012 van publicar as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Estas listas están elaboradas en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006.

Segundo informa Función Pública, o vindeiro mércores, 10 de outubro, publicarase no DOG as listas provisionais para a cobertura de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal labroal da Xunta de Galicia. Accede á resolución.

Informan desde a Dirección Xeral de Función Pública que o vindeiro mércores 12 de setembro publicarase no DOG as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario da escala de profesores numerarios de instituto politécnico marítimo-pesqueiro.

O xoves, 28 de xuño, celebrouse unha rolda de prensa e posterior concentracion e entrega de sinaturas de apoio, máis do 2.000, no rexistro xeral da Xunta de Galiza en San Caetano.

Dende a CIG apoiamos as reinividacións deste colectivo formado por 109 traballadoras e traballadores que desempeñan as súas funcións nas oficinas de emprego do país. Hoxe, 30 de xuño, é o último día que traballarán, hoxe será o último día que desenvolverán a súa labor en cuestións de orientación e axuda a gran masa de persoas en paro deste país, hoxe irán á rúa porque a Xunta de Galiza non quere esforzarse en atopar unha solución para manter estes postos de traballo coma xa fixeron outras comunidades autónomas.

O xoves, 28 de xuño, ás 11:30h, no edificio administrativo de San Caetano (entrada estación de autobuses) farase unha concentración solidaria coas orientadoras e orientadores de emprego  do RDL 13/2010. Este acto irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apio recollidas durante as últimas semanas.

No acto protestarase contra a grave situación que se deriva da eliminación de 109 postos de traballo que están a desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galicia. Esta eliminación, antes da data prevista e no medio dun contexto de altísimas taxas de paro, é totalmente inxustificada xa que tal e como fixeron outras comunidades se revela que se poden arbitrar os fondos orzamentarios necesarios.