Listas substitucións

O xoves, 28 de xuño, celebrouse unha rolda de prensa e posterior concentracion e entrega de sinaturas de apoio, máis do 2.000, no rexistro xeral da Xunta de Galiza en San Caetano.

Dende a CIG apoiamos as reinividacións deste colectivo formado por 109 traballadoras e traballadores que desempeñan as súas funcións nas oficinas de emprego do país. Hoxe, 30 de xuño, é o último día que traballarán, hoxe será o último día que desenvolverán a súa labor en cuestións de orientación e axuda a gran masa de persoas en paro deste país, hoxe irán á rúa porque a Xunta de Galiza non quere esforzarse en atopar unha solución para manter estes postos de traballo coma xa fixeron outras comunidades autónomas.

O xoves, 28 de xuño, ás 11:30h, no edificio administrativo de San Caetano (entrada estación de autobuses) farase unha concentración solidaria coas orientadoras e orientadores de emprego  do RDL 13/2010. Este acto irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apio recollidas durante as últimas semanas.

No acto protestarase contra a grave situación que se deriva da eliminación de 109 postos de traballo que están a desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galicia. Esta eliminación, antes da data prevista e no medio dun contexto de altísimas taxas de paro, é totalmente inxustificada xa que tal e como fixeron outras comunidades se revela que se poden arbitrar os fondos orzamentarios necesarios.

O martes, 26 de xuño, houbo unha reunión co director de Función Pública, promovida e xestionada pola CIG, para que o colectivo de promotores de emprego do RDL 13/2010 e RDL 1/2011 expuxesen a súa problemática. A esta reunión, por iniciativa deste colectivo, acudiron tamén representantes de CCOO, UGT e CSIF.

Estas compañeiras e compañeiras, persoal funcionario interino, indicaron que as causas polas que os contrataron aínda persisten, que o seu nomeamento tiña unha data de finalización (31/12/2012), que non se cumpriu e que por isto teñen a súa situación no xulgado contencioso-administrativo. Outras das cuestión das que falaron foi dunha carta da ministra de emprego que indica que a resolución dos contratos é competencia das comunidades autónomas e que por isto presentaron un recurso de inconstitucionalidade vía Valedor do Pobo e que no diario de sesións do Congreso hai unha recente intervención dunha deputada do PP indicando que hai cartos para este fin.

No DOG do 26/06/2012 publícanse dúas resolucións referentes á apertura das listas de contratación temporal de persoal interino da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros en diversas especialidades:

Tras moito insitir, o director xeral de Función Pública convócanos para o vindeiro martes, 26 de xuño, xunto cos promotores de emprego contratados segundo o Real decreto-lei 13/2010 e RDL 1/2011 para tratar alternativas que permitan a continuidade do seu traballo até finais de ano. Ademais, a CIG solicitou na Mesa Xeral do 22 de xuño unha xuntanza de todas as OOSS coa SX de Traballo, cousa á que se negaron.

Cómpre recordar que na Lei de orzamentos estatal establece a posibilidade de que estes contratos rematen o 30 de xuño (6 meses antes do previsto). Porén tamén se estabelece que os créditos correspondentes distribuiranse territorialmente entre as ditas administracións, de conformidade co estabelecido na normativa estatal. De feito xa son varias as comunidades autónomas (Cantabria, Estremadura e Aragón) que anunciaron que ían manter estes contratos.

De acordo co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, publícase no DOG a resolución de actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario (anexo I)  e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (anexo II)

As listas entrarán en vigor a partir do 23 de maio. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Accede á consulta das listas

Segundo información da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural e do Mar, despois de rematada a realización das probas físicas e de agudeza visual aos aspirantes das listas do Decreto 5/2007, que modifica o Decreto 37/2006, correspondente a determinadas categorías de persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e persoal do Pladiga, o día 4 de Maio de 2012 estarán publicados os resultados de ditas probas.

Os aspirantes poderán consultar o resultado da proba física e de agudeza visual, segundo corresponda en cada caso, na páxina web da Consellería de Medio rural e do Mar, no apartado de “AVISOS” ou premendo a seguinte ligazón.

A CIG vén de dirixir o día 23/04/2012 un escrito á conselleira de Traballo e Benestar e á Dirección Xeral da Función Pública en relación coa continuidade dos promotores de emprego.

Estas traballadoras e traballadores foron contratados segundo o Real decreto-lei 13/2010 e RDL 1/2011, para levar a cabo a execución de dúas medidas derivadas destas dúas normas estatais, desenvolvendo os itinerarios individuais e personalizados  para a mellora da empregabilidade de mozos e maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración. Segundo estabelecían estas normas a contratación estenderíase, como mínimo, até o 31/12/2012.

A Conselleria do Medio Rural e do Mar comunicounos as datas previstas para a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladoras polo Decreto 5/2007, do 25 de Marzo, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de Marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e de persoal do PLADIGA.

Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es.

A Consellaría de Medio Rural e Mar comunícanos que tendo en conta que a situación de risco de incendios está evolucionando desfavorablemente por mor das actuais condicións meteorolóxicas, e que o actual despregue de fixos e fixos-discontínuos non será suficiente para facer fronte ás ditas previsións, a consellaría reforzará o número de efectivos que traballan na extinción dos lumes a curto prazo, mediante o reforzo das dotacións das brigadas helitransportadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Xa que logo, Medio Rural realizará chamamentos para a contratación de persoal laboral temporal do servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e que a elección dos destinos terá lugar o vindeiro día 3 de abril de 2012 nas correspondentes xefaturas territoriais .

O horario da elección será en cada xefatura territorial o seguinte: