Listas substitucións

A Conselleria do Medio Rural e do Mar comunicounos as datas previstas para a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladoras polo Decreto 5/2007, do 25 de Marzo, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de Marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e de persoal do PLADIGA.

Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es.

A Consellaría de Medio Rural e Mar comunícanos que tendo en conta que a situación de risco de incendios está evolucionando desfavorablemente por mor das actuais condicións meteorolóxicas, e que o actual despregue de fixos e fixos-discontínuos non será suficiente para facer fronte ás ditas previsións, a consellaría reforzará o número de efectivos que traballan na extinción dos lumes a curto prazo, mediante o reforzo das dotacións das brigadas helitransportadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Xa que logo, Medio Rural realizará chamamentos para a contratación de persoal laboral temporal do servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e que a elección dos destinos terá lugar o vindeiro día 3 de abril de 2012 nas correspondentes xefaturas territoriais .

O horario da elección será en cada xefatura territorial o seguinte:

O vindeiro 1 de marzo de 2012 publicarase no DOG a resolución de peche de determinadas listas tanto de persoal funcionario como de persoal laboral. Tamén se publicará no anexo II e III desta resolución que listas estarán abertas e cales están pechadas (nestas soamente poderán inscribirse aquelas persoas que superaran algún exercicio do último proceso selectivo ou teñen servizos prestados na categoría).

Soamente permaneceran abertas aquelas listas nas que rematara un proceso selectivo despois do prazo de presentación de instancias correspondentes ao ano 2011 ou aquelas que sexa necesario que permanezan abertas polo número de asignación e persoas inscritas.

No DOG de 20/02/2012 publícase a Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 48, do 9 de marzo) se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As devanditas listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

No DOG do 26/01/2012 fanse públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. As listas atópanse á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón da páxina web de Función Pública.

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición. Do mesmo prazo disporán as que desexen interpoñer un recurso de alzada contra a dita resolución.

No DOG do 30/11/2011, publícase a resolución pola que se fan públicas as listas provisionais das solicitudes presentadas no prazo comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As listas atópanse á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón da páxina web de Función Pública.

As reclamacións contra as listaxes provisionais pódense facer no prazo de 10 días hábiles ante a Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública.

Segundo nos informa Función Pública, o vindeiro mércores, 30 de novembro, publicarase no DOG as listas provisionais das solicitudes de listas de contratación temporal e nomeamento de funcionarios interinos presentadas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2011.

O prazo para presentar alegacións rematará o 14 de decembro.

No DOG do 28/11/2011 publicase a resolución pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes para o acceso ás vinculacións temporais no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellaría de Sanidade nas seguintes categorías:

  • Grupo auxiliar da función administrativa

  • Persoal de servizos xerais

  • Celador/a

As solicitudes deberán rexistrarse no prazo comprendido entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computábeis serán os causados ata o 31 de decembro de 2011.

Como xa informamos con anterioridade, Función Pública nos manifestara a súa intención de introducir cambios substanciais na xestión das listas regulamentadas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo,  polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Déronnos de prazo ata o 15 de setembro para achegar as suxestións que consideremos que se deban ter en conta nesta modificación. Podedes achegarnos as vosas consideracións ao noso correo autonomica@cigadmon.gal

Na última xuntanza da Comisión de listas, ademáis dos asuntos de trámite, a Administración puxo data ao que xa nos viña informando desde vai tempo: en setembro abordarán unha reforma importante do actual Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A próxima reunión a teremos o 13 de setembro. Agardamos que para de aquela xa teñamos un borrador no que traballar.