Listas substitucións

Na última xuntanza da comisión de listas de substitución tratáronse, entre outros, os seguintes temas: apertura de novas listas, contratación de orientadores laborais, publicación de acordos da comisión vía web e a puntuación do proceso de consolidación de persoal laboral.

APERTURA DE NOVAS LISTAS

Mediate publicación da resolución abriranse as seguintes listas: inspectores e subinspectores urbanísticos, subinspectores de consumo (ambas categorías con procesos rematados) e iintérprete de linguaxe de signos (por pedimento da Consellaría de Educación).

No DOG do 28/01/2011, e segundo se nos informaba na última xuntanza da comisión, publicase a resolución das listas definitivas de substitución ao abeiro do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. As listas ás que afecta son: para persoal funcionario as correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, e para persoal laboral os grupos e categorías que se inclúen no anexo II

A súa consulta pode facerse no seguinte enderezo web e indican: os solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación e os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión. As que non especificaron debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías e deberán dirixirse a Función Pública.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para solicitar presentar recurso de alzada. Tamén poden solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición

A semana pasada tivo lugar un novo encontro da comisión de listas no que se abordaron, entre outros, os seguintes temas:

  • Publicación das listas definitivas e actualizacións
  • Apertura de listas pechadas
  • Penalización por presentación da suspensión de chamamentos no modelo antigo


Publicación das listas definitivas e actualizacións

O día 28 de xaneiro teñen previsto publicar as listas definitivas. Se poden, adiantarán a data pero de todos os xeitos mandaranos unha comunicación previa para confirmalo. As actualizacións sairán a finais de febreiro

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 25 de novembro de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as lista provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,  de conformidade co establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Esta resolución fai referencia as novas inscricións feitas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo. Toda a información atópanse a disposición dos interesados, entre outras, a través do seguinte web.

Nas devanditas listas figurará a seguinte información: Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional e solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións que coiden oportunas, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública.

Grupo mixto

Hai tamén unhas cantas instancias que, por non especificar debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías. Se alguén non aparece nos listados pode contactar a través da CIG-Autonómica para ver se está incluído ou non nese listado "caixón de sastre".

As listas oficiais de Conductor/a de motobomba (persoal laboral grupo III - categoría 33) atópanse esgotadas en varios departamentos territoriais da consellaría de Medio Rural. Xa que logo,  estanse a facer chamamentos xenéricos a través de convocatoria pública.  O requisito específico é o carné de conducir C e a titulación esixida é a de graduado escolar ou equivalente. O prazo de admisión de solicitudes rematará o vindeiro 6 de xullo. A lista de prazas ofertadas son as seguintes:

Na reunión da Comisión de Listas de Contratación de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal do 29 de xuño de 2010 aprobouse o acordo relativo á modificación de ámbitos. O obxecto do acordo é que non sexan penalizadas aquelas persoas que solicitaron cambio de ámbito e tiveron chamamentos polo anterior.

Outra novidade que foi incorporada é que poderán renunciar ao posto sen seren penalizadas aquelas persoas que teñan un posto de traballo nun ámbito distinto ao solicitado: neste caso hai que ter en conta que pasarán ás listas do ámbito elexido e non terán dereito ao cobro de desemprego xa que non se considera finalización de contrato. Este caso está pensado para moitas persoas que teñen un traballo inferior á xornada laboral e non lles compensa, pero o mantiñan para non seren penalizadas.

O DOG do día 26 de febreiro de 2010 publica as resolucións polas que:

  • Se acorda o peche e a apertura das listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas, e se adapta a forma de presentar as solicitudes.
  • Se fai pública a actualización provisional de méritos correspondentes ao ano 2009 das listas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Dende a Dirección Xeral de Función Pública achegáronnos hoxe o borrador da resolución pola que se modifican algúns aspectos relacionados coas listas de substitución. Nesta resolución se acorda o peche dalgunhas listas, reábrense outras por mor da resolución de determinados procesos selectivos, elimínase a obriga de presentar o DNI coa solicitude e se establece como únicos modelos válidos de solicitudes, a partir do 1 de marzo, os que xerados a través da correspondente aplicación da seguinte páxina web da Xunta de Galicia.

No mes de xaneiro vai entrar en vigor o novo modo de elixir os ámbitos nalgunhas categorías. Queremos por no teu coñecemento que entre o 1 de xaneiro e o 31 de xaneiro tes que adaptar os teus ambitos o novo sistema, DE NON FACELO PODES QUEDAR EXCLUÍDO DAS LISTAS por non figurar en ningún dos ámbitos existentes para a correspondente lista.

Na xuntanza que tivo lugar o luns 28 coa Consellaría de Traballo polas contratación da Lei da Dependenza, a Secretaria Xeral explicou que para eles era necesario facer as contratacións como as fixeron (con requisito), xa que necesitaban xente con experiencia.

A CIG manifestamos que temos presentado un recurso de alzada onde pedimos a nulidade do proceso porque entendemos que non se axusta a dereito e que vamos continuar con el. A maiores pedimos que se deixe de chamar nestes momentos.