RPT da APLU

Neste caso seguen a manter as xefaturas de  servizo como LD e se intenta abrir catro delas dende a escala a corpos xerais. Consideramos que existe un interese político de fondo por nomear comisarios políticos que controlen a política en materia de urbanismo sen ningún outro argumento para abrilas, nunha escala na que ademais non hai posibilidades de promoción. O argumento da Administración de que non hai xente da escala para cubrilas o único que denota é o desinterese da Administración por convocar procesos selectivos para esta escala. Votamos en contra.


CCOO en contra
UGT en contra
CSIF a favor

Prolongación da permanencia no servizo activo (xubilacións)

Este é o primeiro desenvolvemento da lei de medias no emprego público. O posicionamento da CIG é que non se prolongue a permanencia no servizo activo máis que nos casos nos que por un período de cotización suficiente non se teña dereito á prestación por xubilación, tal e como ven reflectida no Convenio do persoal laboral.

Ao mesmo tempo isto se debería de conxugar cunha política de fomento do emprego e cubrir esas prazas polos procedementos de provisión establecidos non amortizando ningunha.

Como non se da ningunha destas dúas circunstancias non podemos  cualificar esta orde máis que como negativa. A maiores se establecen uns criterios de discrecionalidade que fan que a prolongación ou non quede sometida a criterios subxectivos. Votamos en contra


CCOO en contra
UGT en contra
CSIF en contra matizando que están a favor da prórroga


Traballo en domingos do persoal laboral

Este punto non se votou e simplemente se deu información. Tamén informan de que se nos chamará para desenvolver a lei no caso das IT’s especialmente para os casos de hospitalización, intervención cirúrxica, etc. Non chegan a aclarar si a quen agora colle unha baixa se lle aplicará o sentido literal da lei e dan constancia de que o CIXTEC ten unha instrución de Orzamentos que non implica interpretación da norma senón que vai encamiñada á esa aplicación tal como aparece na lei.

Comentan que cada unha das consellarías desenvolverá a lei de acordo coas súas circunstancias específicas xa que non é o mesmo Traballo que Medio Rural. Mostramos o noso rexeitamento.


Suxestións e preguntas

Advertímoslle á Administración de que teñen que adoptar as medidas necesarias para garantir o dereito á folga comunicando a que traballadores lles corresponden os servizos mínimos e advertíndolles que calquera tipo de coacción como a que se está a detectar nalgúns centros, como o intentar impedir a realización de asembleas, a actuación en determinados centros de ensino e Traballo onde se pretende polas súas direccións decretar determinados servizos mínimos ao 100% como os de cociña, ou a petición de listaxes dos folguistas pode rematar en demandas no xulgado por vulneración de dereitos fundamentais.