RPT Consello Galego Relacións Laborais

Manifestamos a nosa sorpresa co anuncio de Feijóo no Parlamento de unir este organismo co Consello Económico e Social.

Observamos que o negociado de habilitación perde o complemento de dispoñibilidade horaria, cousa que non lle ocorre á sección. Xa que logo manifestamos que supoñemos que a partir de agora non se lle pedirá ao negociado que cumpra mais xornada ou faga nóminas.

Indicamos que o posto de Secretario/a do/a Presidente/a, C1/C2, ten requisito de iniciación de galego, e entendemos que debe ser perfeccionamento.


RPT APLU

Non estamos conformes con que as xefaturas de servizo sexan postos de LD. Tampouco nos gusta que eses mesmos postos sexan abertos a corpos xerais, pois son postos que polas súas tarefas deben ser da escala de urbanismo, xunto con que estariamos a eliminar as poucas posibilidades de promoción á escala de urbanismo.

Facemos fincapé na necesidade de que os técnicos que teñen que realizar inspeccións e informes sobre temas tan sensíbeis como o respecto á normativa urbanística non dependan no seu nomeamento da discrecionalidade da designación mediante a figura da libre designación.

CCOO e UGT tamén está en contra da apertura dos servizos a corpos xerais. Por contra o CSIF defende a apertura.

A representante da APLU asegura que a apertura dos servizos vén motivada a que non dispoñen de inspectores abondos para cubrir os postos.

Prolongación do servizo activo

A CIG non está conforme coa prórroga da xubilación. En todo caso non nos gusta a discrecionalidade que se reserva Función Pública para decidir en cada caso a prórroga ou a denegación segundo lles interese. Non hai criterios obxectivos. Queremos limitar a discrecionalidade e que os órganos de representación teñan algún tipo de participación.

CCOO pide a retirada do punto da orde do día e non entra a valorar a proposta. UGT non queren a prórroga e non fan alegacións. CSIF din que queren as mesmas normas que teñen os estatutarios.

Varios

Comunícasenos a denuncia dun opositor contra o presidente do tribunal do A2 informatica que supostamente deu información do exame días antes nunhas charlas en delegacións provinciais. O DXFP din que nos achegarán o informe do presidente e posteriormente poderemos achegar alegacións.