Denunciamos o seguinte:

  • Residencia de tempo libre: en vez de darlle contido o están a baleirar.

  • Na Coruña amortizan dous ordenanzas para contratar unha empresa de seguridade (recoñecido pola consellaría)

  • Reducen media xornada a dous postos en volta do Castro, e o fan amortizando ecreando, polo que duas persoas van ser despedidas.

  • O persoal vai traballar de balde os domingos e festivos.

  • Algún director xa puxo nas carteleiras que vai haber mais amortizacións.

  • Centro de Montealegre: enterámonos pola prensa do que di a consellaría que vai facer. Consideramos que as obras poden facelas cos asistidos dentro, e queremos garantías de que os traballadores que van trasladados para a Carballeira regresen a Montealegre unha vez que rematen as obras.

  • Residencia do Carballiño: Vista a amortización de 3 prazas de camareiro/a-limpador/a, quedan para cubrir o centro 4 traballadores/as, como vai funcionar o centro co persoal que queda, entendendo que é insuficiente? Respostamos nós, IMPOSÍBEL

Na na Comisión de Persoal, como non podía ser doutro xeito, tanto a CIG como as outras centrais sindicais votamos en contra.


RPT da CMATI

Transmitimos os nosos parabéns á consellaría por aceptar algúns cambios dos que lle propuxemos (retiraron requisitos imprescindíbeis, retiraron exceso de titulacións, pecharon algún posto só para AXG)

Porén, non estamos de acordo coa apertura de varios postos a outras Administracións (3 xefaturas de servizo de planificación urbanística, na S.X. De ordenación do territorio e urbanismo). Non aceptamos a apertura A12 (estado, CCAA e local) porque non hai reciprocidade e parece que a CMATI "entende" que non ten persoal propio cualificado. Nos postos de planificación urbanistica están moi metidos os concellos, e precisamente por eso non deben abrirlle os postos. Por último, de ningunha maneira aceptamos a apertura de postos relacionados co urbanismo á administración local en postos de libre designación.

Manifestamos tamén o noso descarodo cos postos de Administración "especial" sen especificar. Entendemos que cando cualifican un posto de “Administración especial” é porque a natureza das funcións o requiren.  Non entendemos que lles sirva calquer especialidade. Por exemplo:

  • Xefatura de negociado técnico – C1 (Laboratorio de medio ambiente A Coruña). Non indican máis requisito.

  • Area de intervención ambiental I e IX (S.X. De calidade e avaliación ambiental). Piden “Enxeñeiro”. Xa que logo, serve un enxeñeiro aeronautico, informático, industrial, .. Absurdo.

  • Xefatura sección de xestión ambiental II (servizo de calidade ambiental – Lugo, Ourense e Pontevedra). Idem anterior

Siguen mantendo un exceso de titulacións  en certos postos de  Administración “Especial”. Pedimos que reconsideren as titulacións nestes postos, pois hai titulacións excluidas e algunhas absurdas:

  • Area intervención ambiental (S.X.de calidade e avaliación ambiental): retiran licenciatura en química e veterinaria e meten enxeñeiro.

  • Xefatura sección en xestión ambiental (Servizo de calidade ambiental – Lugo): retiran licenciatura en química e deixan so bióloxía.

Destacamos tamén que manteñen un grupo incorrecto no Negociado técnico (laboratorio de medio ambiente-Coruña). É de administración especial C1 pero sen requisito de titulación. Xa que logo, debe ser A2,C1,C2.

Os delineantes non teñen carreira profesional. Queremos que lles abran algunha xefatura que puidesen desempeñar.

Por último, manifestamos a nosa oposición a que as xefaturas de servizo sexan de libre designación.

Na Comisión de Persoal destacamos os avances que se deron na negociación pero querer abrir as prazas de xefatura de servizo de Urbanismo á Administración Local é un escollo insalvable xa que entendemos que se fai dende unha perspectiva política para colocar persoal afín á política urbanística do PP nesta materia o cal é moi grave. Votamos en contra. CCOO vota en contra. UGT se abstén. CSIF vota a favor.


RPT dos órganos superiores da Presidencia

A pesar de que esta negociación comezou moi mal, cunha chantaxe inicial de que se non aceptabamos a proposta ían ter que amortizar un posto non vacante, recoñecemos melloras en canto a que retiraron requisitos imprescindíbeis e pecharon postos A11 para AXG. Porén, para os postos de subalternos mostramonos en contra de que apareza o carné de conducir como requisito imprescindíbel xa que tampouco o é no proceso de selección. Demandamos un compromiso de que o remanente das amortizacións se vai utilizar para crear postos en futuras modificacións.

Por desgraza, ata na Mesa Xeral a persoa representante da Presidencia levou ata o final a súa escasa diplomacia negociadora así como o seu nulo dominio do galego e argumentou que todos os males desta RPT eran do goberno anterior e que daquela, con relación a un porteiro maior por LD, "non nos opuxéramos". Desde a CIG deixamos claro: a) que non aceptamos ningunha acusación de servilismo, b) que entendemos perfectamente que a casa do presidente da Xunta teña un porteiro maior libre designación, e nin antes nin agora nos estoitou opoñernos, c) que tiñamos un problema de comprensión posibelmente porque utilizamos idiomas distintos, d) que non aceptamos a chantaxe que nos fixeron na negociación.

Na Comisión de Persoal, abstémonos e recordámoslle que o noso voto a favor na anterior RPT estaba xustificado na apertura de 43 dos 53 postos de LD da consellaría a concurso. As demáis centrais sindicais votan en contra ou se absteñen.