Traslados e consolidación de laborais

A publicación da resolución do concurso do Grupo V esta prevista para a primeira quincena de maio. A toma de posesión da OPE 2005, teñen prevista facela entre o 25 maio e 15 de xuño.

O vindeiro luns, 30 de abril, publicarase no DOG o Concurso dos Grupos I-IV, esperando rematar o proceso a finais de ano. Aprazado ata o 4 de maio.

En canto á consolidación, agardan facelo a continuación de que remate o Concurso de Traslados I-IV e seguirán como fixeron co concurso, primeiro o grupo V e logo os demais grupos. E despois de rematar coa consolidación (faltan uns flecos por negociar para elaborar o Decreto que a regula) empezarán coa estabilización.


Modificación decreto de listas 37/2006

Están traballando na proposta, abordando na súa totalidade para realizar modificacións e axustes puntais dentro do propio Decreto. Tratarán de elaborar un calendario sobre o dito anteriormente. Con data 30 de abril a CIG solicita xuntanza co director xeral de Función Pública para tratar a modificación deste decreto.


Aplicación da lei 1/2012

A postura do director xeral foi incríbel pois no tema da compensación por domingos e festivos literalmente botoulle a culpa ás organizacións sindicais (OOSS). de deixar ao persoal laboral sen compensación económica por non querer negociar no seu día, iso si deixa a porta aberta a que sexamos as OOSS as que collamos e fagamos unha proposta ao respecto.

Preguntamos se os días 24 e 31 de decembro se van compensar. Responden que é materia de negociación e que pode incluírse dentro do borrador das instrucións de permisos e licenzas que acaban de entregar as OOSS.

Solicitamos a Función Pública que poña unha instrucións de aplicación da lei 1/2012, o que resposta que xa esta desenvolto na maior parte da lei e que non é preciso. Compre lembrar que ben está regulado (as novas carteleiras, redución de xornada, I.T., FAS, etc.). Informan que o punto 8 da lei esta pendente do Consello Consultivo: Réxime económico aplicable aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico


Unificación de criterios na xubilación de 64 anos

Aquí hai unha problemática que eles non negan: antes cando unha persoa se xubilaba aos 64 anos, contratábase a unha persoa en paro para desempeñar o mesmo posto que deixaba a persoa, agora poden coller e contratar esa persoa por contrato de relevo para outro posto. E deixa entrever que o van seguir facendo porque é legal, cousa que poñemos en cuestión


Aplicación dos servizos mínimos ante a ausencia de asistidos

Pedimos que inste á Secretaria Xeral de Traballo para que evite mandar instrucións onde faga interpretacións moi “sue generis” do Convenio, como poñerlle como ausencia masiva dos asistidos o 75%. Solicitamos unha instrucións xenéricas e comúns para tódalas Consellarías, e eles resposta que non pois non todas as consellarías idénticas. Insistimos nunhas instrucións xenéricas vinculantes para tódalas as consellarías, iso si tendo en conta a casuística de cada centro. Non están pola labor.


Actualizacion das vacantes nas diferentes Consellarías

Demandamos que se volva a poñer a V (Vacante) nas RPT pero eles din que non pois soen ser atrasadas no tempo e pode darlle atrancos diante dos xulgados e xa se empezou a retirar desde o 2003.

Solicitamos que se vaian poñendo ao dia das RPT, eles alegan que isto conleva unhas modificacións das rpt e que non pode ser. Insistimos que sexa unha actualización das rpt para saber realmente cales son os postos vacantes e cales non.


Pluses de postos codigo 0

Aquí solicitamios que as novas creacións que fai Educación, con código 0, se lles poña o plus de especial dedicación e penosidade para todas as coidadoras e interprete de signos. Falarán con Educación.


Criterio e publicidade das adscricións temporais

O criterio figura no V Convenio e a publicidade estase a realizar como agora.