RPT Educación

Crean unha serie de postos por sentenza xudicial, e advertimos que houbo uns cambios moi raros entre Industria-Axencia Galega de Innovación e Educación que poden traer responsabilidades xudiciais.

Respecto á xefatura de servizo de xestión de comedores escolares, amólanos a xustificación que ofrecen: "A modificación ven dada pola posible necesidade de contar con persoal funcionario pertencente a corpos da administración local que coñeza polo miúdo os circuítos administrativos de ámbito municipal que lle permita xestionar dun xeito eficaz as funcións [...] en materia de comedores escolares.”. Con esta declaración, a consellaría está a facer unha modificación por unha posíbel necesidade, non por necesidade, afirman que o persoal propio non está capacitado e non son eficaces xestores. Estamos certos de que a modificación xa ten nome e apelidos. En canto ao posto de xefatura de servizo do centro Ramón Piñeiro, a xustificación é similar.

RPT Axencia Galega de Infraestructuras

Recoñecemos que nas xuntanzas previas coa consellería foron aceptadas varias das nosas alegacións, como foi a retirada dos requisitos de titulacións nalgúns postos ou a reducción do número de postos abertos a outras administracións. Porén, hai cousas que non mudaron:


  • Seguimos a reclamar que as xefaturas de servizo sexan de concurso.
  • Xefatura de servizo de apoio técnico (área de contratación e administración): non entendemos como este posto, que é xeral/especial, poida ser ocupado indistintamente por un enxeñeiro de camiños, un enxeñeiro técnico en obras públicas ou un licenciado en dereito. Son titulacións demasiado dispares polo que non ten sentido a “especialidade” que demandan e ao tempo compatibilizalo cunha licenciatura en dereito.
  • Seguen sen dar solución á apertura de postos para a escala de delineantes.