• Manifestámonos contra a amortización de postos de traballo no IET creados na RPT ante a mesa xeral. A baremación para facer estas amortizacións é erronea, polo que pedimos que revisen a alegación feita sobre algún posto na Mesa Xeral

  • Que os méritos que aparecen en moitos dos postos se fan para perfilalos, personalizalos e bilndalos.

  • Que a xornada de maña e tarde en moitos postos non se xustifica.

  • Que non admitimos que "de facto" existan dous postos de persoal laboral aos que se lles asigne tarefas de responsabilidades e dirección do traballo sobre os demais.

  • Que se están a manter asistencias técnicas mentras se amortiza.

Todas as organizacións sindicais presentes votamos en contra. Queda aprobada a modificación de RPT pola maioría da Administración.


2º Bases do concurso Gardacostas

O director xeral de Función Pública informa que da documentación que se deberá presentar para acreditar a base III.3.3.1 (agrupación familiar):

  • Empresa privada: Certificado de vida laboral e contrato de traballo por conta allea en vigor cun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

  • Autónomos: Certificado de vida laboral e documento de alta no Réxime de autónomos  da Seguridade Social con efectos dun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.


A CIG manifesta que non foron atendidas a maioría das nosas alegacións:

  • Que a referencia á necesaria cobertura dos postos na fase de resultas permitiría amortizar postos de traballo, o que nos parece moi grave e debería desaparecer de esta e das demais bases de convocatorias dos concursos.

  • Que estaremos vixiantes de que non se autoricen comisións de servizo para postos de libre designación inmediatamente logo de resolución do presente concurso a traballadores que cambien de destino definitivo a consecuencia deste e que no caso de detectar irregularidades que iremos ao xulgado.



A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


3º Bases concurso escala estadísticos


O director xeral da Función Pública informa que non incluír na base 5.2. a titulación académica diplomatura ou equivalente (0,60 ptos) foi un erro xa que a convocatoria é conxunta para escala superior (A1) e técnica (A2).


A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.


4º Bases concurso escalas consumo

O director xeral da Función Pública informa que non incluír na base 4.2. a titulación académica bacharel ou equivalente (0,40 ptos) foi un erro xa que a convocatoria é conxunta para escala de inspección (A2) e subinspección (C1).

A CIG manifestase no mesmo que nas bases do concurso de gardacostas

A CIG vota en contra. CCOO: en contra. UGT: abstención. CSIF: abstención. Quedan aprobadas as bases pola maioría da Administración.



Varios

Solicitamos por enésima vez unha reunión coa AMTEGA para que nos dean conta das actuacións realizadas e sobre o persoal que vai depender desta axencia. Temos constancia de que nin sequera se molestaron en facer unha dilixencia a cada traballador para que teña constancia de que xa depende desa axencia, e ao mesmo tempo non se impulsa a RPT.


Ao final o director xeral de Función Pública comentou con relación aos promotores de emprego que como se financiában con fondos finalistas non era posible mantelos mais aló do 30-06-2012 e que será comunicado polos órganos competentes da Consellería de Traballo.

Todas as organizacións sindicais manifestamos que hai outros fondos que poderían financiar este tema e polo tanto estabamos en desacordo coa decisión tomada.