Desde a CIG entendemos o SPDCIF coma un servizo público en todo o seu contexto, onde para iso a propia Administración debera establecer os mecanismos para conquerir os obxectivos previstos nas materias de prevención e extinción de incendios forestais

Os obxectivos fóronse conquerindo desde a creación do Pladiga ata chegar fai uns cantos anos cando comenzou a mudar o xeito de traballar sobor de todo coa extinción de incendios forestais coa creación de SEAGA e a continuación coa entrada de empresas privadas como Natutecnia con persoal propio.

O desmantelamento do servizo público de incendios chegou no ano 2012 a cotas de atoparnos con unha modificación da RPT na que pretenden crear 436 postos de traballo para a época estival, ao que a CIG non comparte polo feito de non cubrir con ese número de contratacións directas o alto risco de incendios forestais. Deixan por crear uns 302 postos, equivalente a unha disminución do 41% de persoal, polo que solicitamos que se aumenten os postos a crear por RPT nos citados 302, correspondente as contratacións directas reflectidas no Pladiga 2012.

A CIGesixe a desaparición do operativo de extinción de empresas privadas como é Natutecnia, que levarán o control das bases helitransportadas e as cuadrillas destas, asi como Tragsa que está previsto que entre en escena a mediados do mes de xullo con arredor de 1.100 traballadores/as, sen esquecernos de SEAGA, por suposto. Por outro lado, solicitamos a cobertura definitiva destes postos a crear dacordo co establecido no V Convenio colectio único do persoal laboral da Xunta de Galiza (concurso – oposición).

Na negociación que mantivemos coa propia conselleria botamos de menos a responsábeis do departamento de Medio rural e Montes para debater sobor dos postos non creados e que consideramos necesarios para unha mellor operatividade do equipo de extinción.

Expresamos ademáis o noso rexeitamento á que a proposta de modificación da RPT, co informe favorable de Función Pública, conleve diferenzas á hora das incorporacións do persoal. Nos atopamos  con traballadores de primeira e segunda división polo feito que as citadas incorporacións teñen previsto facelas de xeito individualizado por posto de traballo, é decir, un días realizan unhas cantas contratacións e a semana vindeira fan outras. Para un bó funcionamento do servizo público de extinción de incendios forestais, tódalas contratacións deberían realizarse na mesma data, desta maneira non existiría ningún prexuizo para ningún aspirante.

Confirmou a representación da conselleria, que o Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández – Couto Juanas vai convocar ás organizacións sindicais para detallarnos as contratacións a realizar polo Pladiga 2012, ao que de momento a CIG non recibiu convocatoria.

Ao remate da xuntanza o DXFP adiantou que para o martes, 3 de xullo, haberá Comisión de Persoal Extraordinaria para votar  a dita  proposta de creación dos 436 postos de traballo na RPT.