Como cuestión de orde, a CIG solicita a retirada da orde do dia do ponto 2º (retribucións xefaturas territoriais) e a convocatória de unha Mesa de negociación antes de tratalo na Mesa Xeral. Resposta o Director Xeral de Función Pública que en todo caso poderáse ter unha xuntanza previa á Comisión de Persoal, pero non se retira o ponto.

1.- Actas anteriores

Apróbanse as actas 2 e 3 do 2009 coas alegacións feitas, e queda pendente a nº 14 de 2008.

2.- Proposta de acordo retributivo dos Xefes Territoriais.

O Secretário Nacional da CIG-Autonomica comenza a intervención lendo a entrevista publicada no Faro de Vigo á Conselleira de Economia, na que "anuncia" a conxelación salarial para o persoal da Xunta no 2010. Manifesta a representación da CIG que é un insulto para os empregados públicos da Xunta de Galiza que teñen un salario que queda a anos luz dos 45.000 euros anuais destos señores e señoras, como o persoal dos rexistros que cun salario de 18.000 euros anuais, levan dende xaneiro sen cobrar os 70 euros mensuais pola xornada especial, porque este tema non é importante, e ainda se nos ningunea e se nos vacila, sen respostas ás preguntas a respeito deste tema, e sen información de ningunha clase. A Administración pasa ampliamente de negociar o reparto do 10% da masa salarial para 0 2009, que si é importante para todos os traballadores e traballadoras.

A primeira Mesa Xeral que convocou este goberno, naturalmente sen nengún tipo de negociación cos representantes dos traballadores e traballadoras da Xunta, foi a eliminación do galego, a segunda Mesa, tamén sen negociación previa, é para aumentarlle o salario aos xefes territoriais. Cal será a seguinte?, para subirlle o salario aos letrados?, e despois aos directores e directoras xerais?

E todo isto pola via da imposición, sen negociación previa e sen contar cos traballadores e traballadoras e os seus representantes.

Propomoslle a Administración sentarnos a negociar un acordo desta cantidade proposta para os Xefes Territoriais que supoña un reparto lineal para todo o persoal da Xunta. Si esto non se acepta, intrerpretarémos que con esta Administración únicamente hai imposición e non hai diálogo. Entenderemos que non se quere ter trato algún cos sindicatos, ou polo menos coa CIG, sindicato maioritário na Administración Galega, mentres se fala nos despachos con sindicatos afíns e próximos a Administración, que non representan mais que a unha minoria de traballadores e traballadoras. E isto ten un Nome: réxime ditatorial e totalitário.

Instamos á Administración a que para cumplir co tan cacareado recorte e aforro en declaracións, mítines e saraos diversos, en datas próximas nos convoque a unha Mesa Xeral para modificar a lei de Función Pública, e eliminar o plus de altos cargos, que iso si que sería aforro e solidariedade en tempos de crise, e negocien no parlamento o desbloqueo da iniciativa lexislativa popular presentada pola CIG e permita que esta siga o seu curso.

3.- Xornada de verán

Informa a Conselleria que houbo unha xuntanza previa, e que non habia novidade algunha. A CIG manifestamos o agradecemento pola xuntanza previa, á vista do acontecido co tema anterior, pero insistimos na petición de convocatória dunha Mesa para negociar o regulamento da xornada de todos as empregadas e empregados públicos de xeito que ninguén quede agraviado. Pedimos tamén que no prazo que hai ata a convocatória da Comisión de persoal, se aclare que se aplica a todo o persoal que o poda facer, persoal funcionario e laboral, e se compense aos que non sexa posibel aplicarllo.

4.- Proceso selectivo de axentes forestais

A Administración comprometeuse a reunirse o luns 15 coas OOSS co fin de ultimar o proceso. Admiten a reclasificación dos postos, a exención do certificado médico, a reducción de temario e a desaparición da fase de concurso e quedan pendentes de tratar o resto das alegacións na vindeira xuntanza.

5.- RPT Instituto Galego de Estatística (IGE)

Felicitamos á Conselleria porque consideramos que a RPT é bastante boa, pero pedimos que se recollan os seguintes puntos:

  • As seccións que non sexan de Estatística, se abran ao grupo C
  • Que se faga constar na RPT vacante si/non, como se viña facendo até agora.
  • Que o posto de conductor pase a ser do grupo 3. A Conselleria resposta que está ocupada e que está de acordo en reclasificala cando quede vacante.
  • Pedimos xustificación á inclusión de méritos. A Conselleria contesta que son únicamente 7 postos, e que consideran que deben ter unha formación e experiencia específica.
  • Preguntamos o motivo da apertura de prazas a outras Administracións. Resposta a Conselleria que tentan un acordo de reciprocidade con outras Comunidades Autónomas e a do Estado. Diante desta manifestación, pedimos que se teña en conta a presencia sindical nas negociacións de reciprocidade.

6.- RPT Educación (creación xefaturas territoriais)

A Administración pretende crear catro xefaturas territoriais con nivel 28, libre designación e abertos a outras administracións e a docentes.
Dende a CIG criticamos que se salten o disposto no Acordo de Libres Designacións. Estes postos son un enxendro creado pola administración onde se solapan os postos administrativos dos antigos secretarios provinciais cos cargos políticos dos antigos delegados provinciais.
Por outra banda, abrilos a docentes é ningunear e desprezar aos funcionarios dos grupos A e B da Xunta de Galiza.

Rogos e preguntas

* Rogamos que que empecen a gobernar e a traballar, e a resolver todas as cuestións pendentes respecto do persoal, que son moitas.


* Pedimos que en aras da transparencia e austeridade, que se nos dea a relación de ex altos cargos que teñen solicitado o plus, e asi todos os galegos e galegas poderemos comprobar a solidariedade. Evidentemente, non respostan.


* Tamén en aras da transparencia, pedimos a relación do persoal eventual contratado, coas titulacións requeridas e o salario que se paga a cada un. Nin media palabra.


* Preguntamos cando van a cobrar os complementos acordados os veterinarios e o persoal de rexistros. Di Función Pública que o persoal de rexistros esperan solucionalo en breve, e o dos veterinarios/as de Sanidade informaranse de cal é o motivo de que non se lles pague.


* Que pasa co concurso do IGE. Respostan que se publicará neste mes.


* Colexios de educación Especial Carmen Polo e Santiago Apóstol. Preguntamos que pasa coas trasferencias de Conselleria previstas


  Informa Benestar que a respeito do Carmen Polo non hai novidade algunha. Estase a cumplir o protocolo e o acordo, que indicaba a creación do centro de atención Centro de Leixa no 1º trimestre do 2009, e que xa está creado. En canto ao grupo de traballo ou Comisión para a separación efectiva que se trasladará á RPT, esperan retomalo en breve. Isto indica que neste momento este tema está parado.


Respecto dos procesos selectivos pendentes, estase a traballar para a creación de prazas, e chamarán en breve para convocar o proceso e o concurso do Persoal Laboral.