A Consellaría segue sen comprometerse por escrito a que non haberá movementos entre o persoal dos centros que se unifican (residencia asistida e do Meixoeiro de Vigo). Xa que logo, Traballo gardase o dereito a facer movementos discrecionalmente.

Preguntado pola CIG sobre a información publicada por algún medio de comunicación nos últimos días de campaña eleitoral segundo a que o candidato Feijóo se comprometía a funcionarizar a 6.000 laborais da Xunta, o Director Xeral da Función Pública resposta que efectivamente eso está recollido no programa eleitoral do PP e, por tanto, é o que os cidadáns queren que se faga.

En relación aos concursos de traslados, podemos informar do seguinte (segundo palabras do Director de Función Pública):

  • Corpos especiais: irá á Mesa Xeral e Comisión de Persoal na semana do 5 de novembro (este luns vamos ter unha xuntanza con Función Pública).
  • Laborais grupo V: os cambios de categorías vai ser "inminente", antes do 15 de novembro.
  • Laborais grupos I a IV: a relación de adxudicación provisional (anterior a fase de resultas) vai sair en novembro, con toma de pose a primeiros de ano.
  • Corpos xerais: publicación no primeiro trimestre do 2013.
  • Informática: pode que vaia antes do xeral.
  • Veterinarios/as (esta información non ven da Mesa Xeral): non hai data fixada pero aseguran que vai ser antes do 15 de novembro.

A axuda por discapacidade do Fondo de Acción Social do 2011 a pagarán na nómina de decembro.