Punto primeiro: proxecto de acordo polo que se aproba a RPT da Axencia Tributaria de Galicia e proxecto de RPT de Facenda.

  • Rexeitamos de plano que se perfilen os postos de traballo da RPT da Axencia motivándoo na hipotética creación dunha escala que deberá aprobarse por Lei do Parlamento. Tamén estamos en desacordo pola total ausencia de negociación.
  • As prazas da Xefatura Territorial de Facenda da Coruña que traballan na Intervención Territorial Delegada pasan a depender da Intervención Xeral, constándonos a oposición dos afectados. O resto das prazas de servizos periféricos pasan á RPT de Facenda.
  • A praza de Xefatura de Sección de Facenda en Pontevedra á que lle ían engadir tres méritos adicionais queda ao final co mérito que xa tiña orixinalmente (segundo informou Función Pública, o de engadir os tres méritos foi un erro)

A CIG vota en contra. CCOO en contra, UGT en contra, CSIF en contra.


Punto segundo: Convenio AMTEGA-EGAP-OOSS

Trátase dun convenio para que os traballadores e traballadoras que fixeron cursos de informática a través das organizacións sindicais dentro do plan AFCAP poidan convalidalos polo título de certificación en competencias dixitais a través dunha proba homologada.

A CIG vota a favor. CCOO a favor, UGT abstención, CSIF a favor.

As outras OOSS na mesma liña que a CIG: houbo unha negociación real e aceptáronse as alegacións presentadas. UXT abstense porque a Administración omitiu convocalos a unha das xuntanzas sobre o convenio.


Punto terceiro: Criterios xerais para a OPE 2012

Dan os seguintes datos, hoxe si, sobre o que serán as novas prazas da OPE 2012 e mais aclaran as que retiran das OPEs anteriores para o proceso extraordinario de consolidación de corpos especiais.

NOVAS:

Acceso libre:

Escala superior de finanzas (A1): 3 prazas

Escala técnica de finanzas (A2): 7 prazas)

Total: 10 prazas


Promoción interna:

Subgrupo A1: 10 prazas

Subgrupo A2: 15 prazas

Subgrupo C1: 50 prazas

Subgrupo C2: 39 prazas

Total: 114 prazas


CONSOLIDACIÓN CORPOS ESPECIAIS:

Consolidación:

Enx. Téc. Industriais(2009):       1 praza

Biólogos (2011):                         3 prazas

Enx. Téc. Agrícolas(2009):        10 prazas

Enx. Téc. Industriais(2011):       3 prazas

Arqu., Bibli. e Museos(2011):    1 praza

Total:    18 prazas

A CIG vota en contra porque non houbo negociación e non achegaron os anexos previamente, sendo a proposta en realidade unha refundición das OEPs anteriores. CCOO en contra, UGT en contra, CSIF en contra.

 Varios

  • Preguntamos polas información sobre novos recortes que apareceron na prensa de hoxe: non se desminte a veracidade desas informacións, comentando Función Pública que estes días se falou coa Dirección Xeral de Orzamentos en relación a interinos sustitutos pero sen dar ningún tipo de dato de cal podería ser a natureza do recorte. Dísenos que non se achegará documentación até a mesa xeral.

  • Sobre o tratamento dos días 24 e 31 de decembro para o persoal sanitario da Lei 17, se nos informa que Sanidade considera que son días laborables para todos os efectos para todo o persoal sanitario, independentemente de que nas Xerencias se poida chegar a acordos.

  • Preguntamos se hai perspectivas de concurso de traslados para o persoal sanitario da Lei 17 e se o organizará a Dirección Xeral da Función Pública ou Sanidade. Se nos contesta que consultarán con Sanidade.

  • No primeiro trimestre de 2013 comezarase a traballar polo proceso de funcionarización do persoal laboral en posto de persoal funcionario.

  • O proceso de consolidación tamén se trataráno primeiro trimestre de 2013.

  • A modificación do decreto de listas tamén se abordarán no primeiro trimestre, que achegarían un borrador probablemente en xaneiro.

  • As instrucións de permisos, vacacións e licenzas en xaneiro adaptaranse á normativa do Estado.

  • O decreto de xornada laboral e teletraballo, sobre o 31 de xaneiro poderíase presentar xa un proxecto que debería aprobarse antes do 31 de marzo.

  • Vaise modificar o decreto de provisión dos concursos de traslados en canto á adaptación aos prazos que marca a normativa estatal, modificaríase o artigo 14.

  • Concurso de traslados da corpos xerais en febreiro.

  • Concurso do persoal do ISSGA, estudarano.