A maiores, desde a CIG, fixémoslles ver que nos teñen que incluír as compensacións por tempo de traballo en domingos e festivos. Neste punto a administración teima en dicir que non temos dereito. Preguntamos tamén polo significado das H e tras a  súa resposta non quedou nada aclarado. 

Como conclusión a administración propón 104 días libres máis 16 LF, mínimo 20 domingos e 22 días de vacacións. As quendas quedarían a dispor das xefaturas provinciais. As horas non son extras ata acadar as 1665 anuais e sobrepasen das 80. Aplicación en definitiva da lei de medidas na súa totalidade e baixo a súa interpretación (que non é a nosa)  e do Real decreto 20/2012 de medidas para a estabilidade económica. Para finalizar indícasenos que lle enviemos as propostas.

Entendemos que a postura da administración é utilizar a crise economica, unha vez máis, para eliminar os dereitos dos traballadores e poder así aumentar a carga de traballo para que suplan a carencia do servizo  provocada por non cubrir vacantes, baixas, vacacións, etc ...